sábado, 22 de diciembre de 2012

Auga e aire.

Niguén te entende, tampouco queres que o fagan. Pensa na vida dun golfiño, que non pode pasar toda a súa vida baixo a auga, afoga, parece irónico, pero precisa saír a superficie. As persoas ao igual ca eles, tamén precisan tirar cara arriba e saír a superficie de vez en cando.
Un dos maiores medos do ser humano é a soidade. Pode parecer raro, pero a pesares de temerlle, precísana, ou eso din. Queren o seu propio espacio, ou non. Nnguén e capaz de comprendelo, pero tampouco buscas que o fagan.

sábado, 22 de septiembre de 2012

O que ninguén conseguirá xamáis.


É curioso como, cando xa deixaras de crer nos momentos perfectos, estes conseguen, en apenas cuestión de meses, materializarse na túa vida e todos a partir dunha única persoa. É bonito ver como el se converteu no comezo desa clase de días que, por moi monótonos que parezan ao principio, sempre acabarán por sorprenderte, porque el nunca deixa de facelo. E, o mellor? Sen dúbida, o oco que conquistou na túa vida, en cada mínimo detalle dela, no que nunca vai deixar de estar presente. Tanto lugares, coma obxectos, coma sorrisos perdidos por rúas escondidas, ou cóxegas na cama. Todo iso queda gardado, e ti non deixas de vivilo co maior dos sorrisos e unha esperanza que ninguén consegue desprazar. Porque sabes que el conseguiu o que nunca ninguén antes lograra: namorarte.

lunes, 23 de julio de 2012

Ata a lúa e as estrelas, ida e volta, infinitas veces.


Ti, eu e un bo feixe de casualidades, coincidencias e soños. Ti, con esa habilidade innata para que te queiran, e eu, coa miña manía de quererte cada día un pouco máis. Ti e eu, nós.
Perder o tempo non está dentro dos nosos plans e, agora, gustaríame dedicarme a sacarche sorrisos, a pedirche apertas e a roubarche bicos. Prometo disfrutar ao máximo de todas esas casualidades que un destino se propuxo regalarnos. Agora vivo botándote de menos cando te vas e soñando esperta cando chegas. Porque ao teu carón temblo pero lonxe de ti os minutos son eternos. E non penso deixar de soñar, o único que me queda é esperar ó próximo momento no que pares o tempo e me fagas volver a temblar.
O pasado e xunto con el todos os malos momentos deixaron de ter importancia, porque ti lla arrebataches. Dinme conta que me ergueches moitas veces, pero agora estasme facendo voar.
Pasamos por moitas cousas; por pequenos e grandes enoxos, por milleiros e milleiros de sorrisos, por momentos difíciles nos que nos tuvemos que apoiar, por ataques de risa que ainda sigo recordando, por apertas que sempre desexei que foran interminables e por momentos nos que nos quixemos como ninguén o vai facer xamáis. Aquí é onde che digo que foches, eres e o serás todo para min e onde che confeso que pase o que pase entre nos sempre vai haber segundas, terceiras, cuartas e quintas oportunidades. A pesar de que hai medio millón de cousas que nos unen e un millón e medio que nos separan, nós temos a clave para loitar contra o final e crear novos principios. Todo, infinito, xuntos. E é que o de testarudos a nos vainos que nin pintado.
Porque te quero ata a lúa e as estrelas, ida e volta, infinitas veces. Desa forma que poucos coñecen, e a día de hoxe todos queren querer. Encontrar a túa media laranxa é misión imposible, atopar a persoa axeitada é difícil, ou polo menos para min. Costoume ata que souben abrir os ollos e darme conta de que ti estabas ao meu carón.
E aínda que o intentes non, non tes nin idea. Non sabes do que son capaz cando estás preto de min, e moito menos cando estás lonxe. Non lograrías comprender o número de semáforos en vermello que pasaría, os 479876565454324874 pasos da miña casa a túa que recorrería en milésimas de segundo e a xente sobre a que me lanzaría por ser a primeira persoa que viras polas mañás nada máis saír da cama. Que me volvería unha kamikaze tirándome contra todo e rompendo portas ata atopar a correcta que me levara a ti. Que nunca serei capaz de explicarche o que lle ocorre ao meu mundo cando ti pasas cerca.

Todo recto, rumbo ao futuro.


A bucina do coche na rúa chegou aos meus oídos xusto cando me dispoñía a escribir o punto e final naquela frase. Collín o último bolso que quedaba, camiñei cara á porta e, antes de pechala, despedinme de cada recuncho da casa. Baixei as escaleiras e saín fóra. Todo recto, rumbo ao futuro.
Pouco despois, xa no coche, a medida que esa paisaxe familiar se esvaía a través da xanela a causa da velocidade, dediqueime a buscar un pouco dentro de min mesma e a sacar á luz todos aqueles momentos que gardaba xunto a eles.
Pola miña mente circularon recordos que abranguían dende ese primeiro día de instituto no que eramos uns descoñecidos ata ese último no que nos despedimos daquelo tan noso.
Viviramos tantas cousas xuntos... e o tempo pasara demasiado rápido. Agora, volvendo a vista atrás decátome do grande que chegou a ser isto.
Día si e día tamén, cada un deles coas súas risas, as súas parvadas, algunha bágoa de cando en vez pero, á fin e ao cabo, días especiais simplemente por pasalos xuntos. Ao longo de todos e cada un deles creamos esta historia formada por todos nós, polos nosos recordos e a grande amizade que se creou en tan pouco tempo. Unha historia que, sabemos, non se borrará.
Pero as cousas cambian, os días pasan e agora só sei que, polo momento, toca dicir adeus. Adeus ás oito e media con caras de durmidos, ás once e cuarto con risas e estrés e ás dúas e media con alivio. Adeus ás voltas arredor do instituto. Todo iso xa queda atrás. E eu non deixo de preguntarme que tería pasado se nunca os tivese coñecido. Posiblemente todo sería moi diferente, tanto que non querería por nada do mundo ter uns recordos nos que eles non aparezan.
A medida que a velocidade do coche me aseguraba que xa estaba a chegar ao meu destino decateime de algo. Rematamos unha etapa, pasamos a unha nova páxina neste libro que creamos ao longo destes anos e, aínda que non leamos este capítulo tan xuntos como ata o momento, sei que que nos quedan moitos capítulos deste libro para encontrarnos de novo.

jueves, 19 de julio de 2012

Forte é o meu segundo nome.


Rin para facer ver a xente que son feliz. Chorei ata que se me esgotaron as bágoas. Perdoei o imperdoable. Tuven, teño e terei as mellores persoas cerca. Quixen como ninguén o fará xamáis. Conseguín forzas de onde non as había. Fixen rir a xente con mil tonterías. Tuven o valor de construir un futuro que xamáis se cumplirá. Comporteime como unha nena pequena para que viran que ainda teño algo inmaduro dentro de min. Fun paño de bágoas de aqueles que se derrubaron. Fíxenme a xorda para non oír o que non quería escoitar, e a cega para non ver o que doía. Coñecín o meu primeiro amor. Tuven a coraxe de dicir o que penso. Traguei o meu orgullo para non perder a persoas importantes. Gardei centos de bágoas para aparentar que son forte.