domingo, 18 de septiembre de 2011

Unha escaleira por abaixo.


Fóra o sol mostra a súa mellor cara, o ceo azul invadido por unhas cantas nubes
aquí e alí. E mentres ti e a túa gilipollez mental adicadesvos a pensar, ben sexa
porque non hai nada mellor ao que adicarse ou porque non es quen de sacalo da
cabeza. É duro pensar que os seus mellores días non son ao teu carón. Din que
ninguén está por enriba de ninguén mais, nestes intres eu estou unha escaleira por
abaixo.

Esa sensación,


Estar a un centímetro dos seus beizos é estar a milleiros de kilómetros daqui,
do mundo, case do universo. Notalo cerca, pegado a min, pegado a miña boca
e sentir ese sorriso que me coñezo tan ben. A súa respiración inunda os meus
oidos, e as súas mans deslízanse pola miña cintura sen destino algún.

Non pares de tentalo.

Hai estrelas que parece que podes agarrar coa man, que están totalmente nas
túas mans, e de repente queres collela, e cada vez atópala un pouco mais lonxe,
poste de puntillas, saltas, é imposible de coller. Ata que acabas lendo: "Manter fora
do alcance das idiotas". Ahí é cando se che ven o mundo enriba.




O momento chegou.


E chega o momento no que te das conta que todo rematou, que toda saida ten
a súa meta e que, ao parecer, esta carreira foi máis rápido do previsto.
E volven ao teu recordo tempos pasados, cara o primeiro día que pisaches
este lugar, dándote conta que, sen dúbida, as cousas cambiaron, e moito! Os
miles de momentos vividos convértense nun álbum aberto, repleto de instantes,
de risas, bágoas, nervios, apertas, estrés, tolemias, soños e, sobre todo,
amizade. Os recordos acumúlanse dentro de cada un de nós e aparece esa
nostalxia a deixarnos partir, a cerrar unha porta para abrir outra. Pero sabemos
que, agora, toca decir ata outra.
Sen darnos conta, xa estamos pisando sobre aquilo ao que, ata agora chamábamos
futuro. Iso que non deixábamos de planear, acerca dos mil soños e mil e
unha esperanzas. Ese futuro que, dun día para outro, se convertiu en presente.
E, cando saes por esa porta por última vez só pensas que xa nada vai volver a ser
como antes, pero, sabes que? Os recordos non se borran, e está máis que claro
que, en todo este tempo, temos miles deles.

Único.


Si, iso debe ser o que ti tes. Só contigo teño a necesidade de destacar un pouquiño,
de que me mires a min e non a ninguén máis. Non me gusta ver que abrazas a
outras que non son eu. Só ti consegues poñerme realmente inqueda e nerviosa,
sacarme o sono. Só por iso, es único.

viernes, 16 de septiembre de 2011

"Padiante"


Caer, levantarse a velocidade da luz, e facer como se non pasara nada. Desaparecer. Sentirse tan valeiro que ata os pensamentos crean eco. Creo que se che llama subconsciente ou algo así. Sabes? Cando todo doe demasiado é cando te das conta que algo, por absurdo e en certa forma insignificante, fixeches mal. E non te preguntes porqué ou como pasou, é imposible agora recolocar cada cousa no seu sitio. Cagáchela tantas veces que xa nin te atreves a admitilo, e non sei que é peor, negar a evidencia ou pasala por alto. Sorrir e dicirte a ti mesma "padiante" día tras día, aturar o que está a punto de caer, e aínda así dicir que poderías estar toda a vida suxetándoo. Desaproveitar as oportunidades unhas tras outras, descalificarte voluntariamente do xogo e aplaudir cada vez que alguén che fai dano. E aínda así dicir que estás xenial. E o mellor é cando decides non volver esperar nada de ninguén e de repente che prometen a lúa.