
E chega o momento no que te das conta que todo rematou, que toda saida ten
a súa meta e que, ao parecer, esta carreira foi máis rápido do previsto.
E volven ao teu recordo tempos pasados, cara o primeiro día que pisaches
este lugar, dándote conta que, sen dúbida, as cousas cambiaron, e moito! Os
miles de momentos vividos convértense nun álbum aberto, repleto de instantes,
de risas, bágoas, nervios, apertas, estrés, tolemias, soños e, sobre todo,
amizade. Os recordos acumúlanse dentro de cada un de nós e aparece esa
nostalxia a deixarnos partir, a cerrar unha porta para abrir outra. Pero sabemos
que, agora, toca decir ata outra.
Sen darnos conta, xa estamos pisando sobre aquilo ao que, ata agora chamábamos
futuro. Iso que non deixábamos de planear, acerca dos mil soños e mil e
unha esperanzas. Ese futuro que, dun día para outro, se convertiu en presente.
E, cando saes por esa porta por última vez só pensas que xa nada vai volver a ser
como antes, pero, sabes que? Os recordos non se borran, e está máis que claro
que, en todo este tempo, temos miles deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario