viernes, 16 de septiembre de 2011

"Padiante"


Caer, levantarse a velocidade da luz, e facer como se non pasara nada. Desaparecer. Sentirse tan valeiro que ata os pensamentos crean eco. Creo que se che llama subconsciente ou algo así. Sabes? Cando todo doe demasiado é cando te das conta que algo, por absurdo e en certa forma insignificante, fixeches mal. E non te preguntes porqué ou como pasou, é imposible agora recolocar cada cousa no seu sitio. Cagáchela tantas veces que xa nin te atreves a admitilo, e non sei que é peor, negar a evidencia ou pasala por alto. Sorrir e dicirte a ti mesma "padiante" día tras día, aturar o que está a punto de caer, e aínda así dicir que poderías estar toda a vida suxetándoo. Desaproveitar as oportunidades unhas tras outras, descalificarte voluntariamente do xogo e aplaudir cada vez que alguén che fai dano. E aínda así dicir que estás xenial. E o mellor é cando decides non volver esperar nada de ninguén e de repente che prometen a lúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario