Oxalá poidera dicir que todo, absolutamente todo me da igual. Oxalá non poidera dicilo, senón sentilo. Oxalá que poidera escapar de
todos eses pantasmas que me atormentan cada día e que solo podo evitar
de noite, cando deixo de pensar, durante os meus soños. Oxalá as letras dalgunhas
cancións se fixeran realidade. Todo cambia constantemente sin que poida remedialo. Primeiro quería unha cousa pero máis tarde preferín outra. Despois todo foi un caos, alguén pulsou o botón de cámara rápida sen avisar e non podía frear o tempo, todo se precipitou. Cando me din conta xa me fixera maior e a vida cada día facíaseme máis complicada de dominar proporcionando unha ración de responsabilidade maior cada día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario