viernes, 16 de septiembre de 2011

Sen arrepentimentos.


E xusto nese intre no que te arrepintes, no que só esperas que todo siga como
ata agora. Agora que estás ben, que sorrís porque todo é infinitamente idílico,
non perfecto, ainda que non borras a esperanza de que poida selo. Sabes o que
queres, sabes o que rexeitas, non permitas que nada nin ninguén cho estropee,
nin sequera ti mesma, arrepíntete a tempo, e corre a polo que che apetece. Fai
iso, simplemente, o que queres nin máis nin menos ca aquilo que desexes, pode
que o pases mal, pero sabes que non te vas arrepentir, porque en todo momento
foches ti. O feito feito está, non mires atrás, mira cara o frente, que por certo é
moito máis bonito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario