
Que sente a cabeza, que non proteste, que non me agobie, que viva con tranquilidade, que non chore, que non ría tanto, que aprenda inglés, que estudie, que teño que ser alguén de proveito, que aforre, que non beba tanto, que disfrute, que non sexa bipolar, que me cuide, que o almorzo é a comida máis importante do día, que saude aos coñecidos, que deixe a vergoña detrás da porta, pero non toda, que o pasado pasado está, que o azúcar en exceso non é bo, que non cante que chove, que baixe das nubes, que non se me peguen as sábanas, que non lle dea importancia ao que din os demáis, que mire por min antes que por ninguén, mil e mil consellos que escoito a diario, se lle fago caso deixo de ser eu mesma, volveríame tola, prefiro seguir cos meus defectos, facendo oídos xordos, decidindo o que a min me apetece en cada intre, que se quero moito azucar vouno comer, que se quero chorar vou lagrimear coma a que máis, se me apetece brincar tocarei as nubes, se me apetece cantar fareino ata que caia o diluvio universal, que as miñas sábanas van seguir tendo pegamento. Esa a máis imperfecta de todas son eu, se me queres vas ter que aturarme así.
No hay comentarios:
Publicar un comentario