viernes, 21 de octubre de 2011

Aquela


Hai quen di que as mulleres cando son amigas son insoportables, pois concordan unha ca outra perfectamente e non se despegan. A vida preséntanos milleiros de persoas e cada unha ven a cumplir un papel diferente nas nosas vidas. Todas aquelas quedan na nosa memoria, nos nosos hábitos, nas nosas fotos. Ti para min, xa dende pequeniña, foches o meu todo, a mellor. Aquela coa que andaba do brazo todos os días. A quen lle contei o primeiro rapaz que me gustou. A que me da consellos de roupa, persoas, peinado e comportamento. Aquela coa que compartín cama infinitude de veces. A quen lle conto absolutamente todo, e coa que me sinto totalmente entendida. Aquela que me repite ata a saciedade que deixe de comer nas unllas. Aquela que me abrazou en silenzo e me escoitou chorar. Aquela coa que compartín o mellor de min. Aquela que foi e sigue sendo unha irmá para min. Aquela que é boa compañía ata cando o plan é "non facer nada". Unha das mellores amigas que é simplemente "aquela".

No hay comentarios:

Publicar un comentario