
Rematamos un ano cheo de sorpresas, cousas inimaxinables, soños sen cumprir, palabras caladas, enfados e apertas. Rematamos un ano de cambio, de reflexión e de aprendizaxe.
Cambios nas amizades, amizades que fixeron dano e decidimos deixar atrás, amizades perfectas que conservaremos o resto das nosas vidas, amizades que nos enganaron durante moito tempo, que criamos para sempre e resultaron ser unha perda de tempo, amizades que pensabamos que nunca ían xurdir, que xamais coñeceriamos a esas persoas que acabarían sendo como irmás.
Amores imposibles, frechazos instantáneos, amores de engano. Tamén xurdiu o amor, ese imposible de esquecer, que che conxela ese instante no que o bicas, que desaparece todo ao teu arredor e tan só estades ti e el. El, o mais importante deste ano.
Eu cambiei neste ano, pero ti cambiaches tamén. É cousa da idade. Cambiamos e volvemos cambiar, quizais non nos decatemos pero facémolo. É inútil negalo. E é que, con dezasete anos, que esperas?
Aconteceron moitas cousas. Demasiadas pelexas que nunca máis se repetirán, moitas risas que irán a máis, bágoas que decido enterrar. Estúpidos comentarios que xa me dan igual, si, danme igual porque aprendín a quererme tal e como son, aceptándome cos meus defectos e as miñas virtudes e que se a alguén non lle gusta, que non mire! Pero non o aprendín soa, tivéronme que axudar, e a todos eles Grazas.
Aprendín que as persoas ás que menos atención prestamos, ás veces, son as que máis preto estarán de nós. Aprendín que sen amigos unha persoa non é nada, todos necesitamos un equipo que nos suxeite se imos caer, que nos faga ver que diante temos a pedra coa que sempre tropezamos.
Aprendín que as cousas chegan cando chega o momento, que non habemos de acelerar o paso do tempo porque máis tarde traerá consecuencias.
E o máis importante, aprendín que a felicidade está ao alcance de todos e que para cambiar o mundo antes debo cambiarme a min mesma.
Grazas a todos polo marabilloso ano 2011 que me destes, porque cada un fixo que un momento sexa impresionante. E, momento a momento, remátase xa o 2011.