miércoles, 4 de enero de 2012

Gostar de,


As sinais, as fresas e a túa forma de mirarme. Encántanme as tardes na praia nas que mirabamos as nubes e as dabamos formas imposibles. Tamén me encantan os xeados de Nestle e os Kinder Sorpresa. Os grumos do Colacao , e a escuma do mar. Gústame Pocoyó e Winnie de Pooh. Xogar ao monopoly e escoitar o son da túa voz. Os bombóns de chocolate e abelás, escribir sen ter ningunha razón, intentar sorrir aínda cando non haxa motivo e bailar cando empeza a soar a música. As películas estúpidas que me fagan rir, as gomas de mascar de fresa, as piruletas grandes e de cores, os debuxos parvos que decoran os meus libros, as novelas románticas e os trabalinguas que sempre digo mal. As cancións cunha letra especial e os reloxos que non funcionan, porque me deixan mais tempo para esta ao teu lado. Tamén me encantan os beizos vermellos, os rotuladores de cores, as camisetas de manga caída e as carapuchas. A música e a cor negra. Os marcos de cores e as imaxes abstractas.
E que non se me esqueza! Gústame explotar as pompas de aire dos plastiquiños de protección. Debuxar corazóns na area e escribir o meu nome en todas partes. E como non, apaixónanme as sorpresas e as palabras que cada día me regalas. Gústanme os sombreiros e as gorras e coleccionar un montón de pulseiras. Gústame sacar fotos, e editalas ata que me queden perfectas. Tamén me gusta dar puñazos ao aire ata desafogarme por completo. As sudadeiras cun talle maior á miña, levar lazos ou flores no pelo e como non é de estrañar, cantar na ducha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario