miércoles, 21 de diciembre de 2011

Xoves, que está no medio.


Creaches un camiño, estableceches o teu propio destino sen darte de conta. Todo é porque antes foi, porque ti mesma quixeches que fora. Non hai volta atrás. Nese camiño perdeches miles de cousas importantes e gañaches outras moitas que pode que non o fosen tanto. Que máis da? Ao feito peito. Non importa que crearas un futuro incerto e escuro o que importa é que no teu pasado deixases marca, que ainda que só fose un intre foras importante. Se todo pasou como pasou foi porque xa estabas demáis.

Moi lonxano


Hoxe parei o tempo, quedei suspendida no aire, mirei como as chamas devoraban a madeira e deixei de funcionar, pulsei no meu interior o "modo avión". Necesitaba parar, evadirme e mirar cos ollos pechados qué é o que hai dentro de min, en qué me convertín, quen son e quen quero chegar a ser. Non son mais que sombras que aparecen cando a luz se apaga, non son mais que nada. Teño decesete anos, aspiracións de nena descerebrada e medio millón de ilusións no peto. Teño unha bandada de paxaros na cabeza, mil sorrisos a punto para disparar a calquera, e un par de chistes gardados na manga. Son unha mais, non teño nada especial pero, pola contra, síntome tan única e distinta a veces que creo que veño dun lugar moi lonxano.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Váiseme o tiempo pensándote.


Por casualidade esa mítica canción volveu soar. Recordas, revives cada bico, cada aperta, cada aloumiño, volves escoitar cada un dos quérote, eses ''eres a mellor, única e especial''. Pechas os ollos e mentres pensas nese momento que nunca se che vai esquecer, notas como se che pon a pel de galiña. Comprobas que, eso que foi aínda sigue sendo. No fondo gústache seguir sentíndoo. Estreméceste. Abres os ollos e daste de conta de que mentres ti te evadiches xa soaron como unhas cinco cancións máis.

domingo, 4 de diciembre de 2011

Agora sí, son.


Devenir. Nada é o que era, todo mudou. O tempo fixo o seu traballo. Un mundo equilibrado é aquel no que cada cousa, cada persoa está no seu sitio. O ar pasa por diante nosa deixando as nosas faces abraiadas, a choiva esvara pola nosa pel aportándolle un minimo de humidade e eu xa actúo como realmente o sinto en cada intre. Xa non río por rir, xa non choro por chorar, xa non bailo por aparentar. Agora disfruto cada sorbo de tequila, sufro cada bágoa e sorrío con cada palabra que fai que o meu mirar se acenda. Fun, son e serei o que tiña, teño e terei que ser e ao que non lle guste pois azúcar era non?

martes, 29 de noviembre de 2011

Inevitable, case como respirar.


Resulta extrano ver como, dun momento a outro, sen previo aviso, os recordos deciden acumularse e golpearte nas fazulas con toda a súa forza. Recordos de fai tanto que eres incapaz de contar os días, pero recordos de algo que, ao fin e ao cabo e, por moito que trates de evitalo, foi REAL. Tan real como que agora te atopas ahí, frente a eles, lendo esas estúpidas cartas que criches destrozadas por completo. Repasando cada punto e cada coma e revivíndoas pouco a pouco porque, sí, sabíaste de memoria cada espacio e cada bonita curva desa caligrafía tan redondeada.
E é que hai recordos que, sen remedio algún, teletransportan. Que fan que se che poña a pel de galiña como se che puxo no momento que os viviches por primeira vez, que a respiración che falle e que, ainda que ese inexpicacble nó no estómago non desapareza, sexan recordos que sempre acabarán por arrincarche un sorriso.
E era de esperar, no momento en que lin ese punto e final da última das cartas souben que non quería que estas acabaran coma o resto. Non quería acabar con elas, rematar ca historia. Era inevitable porque, por moito que me empeñara en convertir aquelas páxinas en meras follas en branco, tiña claro que, no seu interior, cada coma, cada palabra ou cada suspio xunto cun sorriso tímido estaba ahí, perfectamente. Como se se tratase do primeiro día.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Preciso dunha reconstrucción.


Camiñando lentamente, paso a paso, sen saber a onde ir. Desconectar antes que todo empece a dar voltas, me perda e volva a onde xa estiven algún día. Secadra sexan os simples recordos que me atrapan e me morden, que ainda que as marcas non doian, nunca se borran. Secadra foi que xa o viña vir de lonxe. Porque despois de todo dinme conta que máis que todo preciso tempo, preciso entender en que me equivoquei. Catro paredes e un teito xa non son suficientes, preciso ver o ceo claro que perdín de vista, preciso sentir o vento de nordés nas miñas meixelas. Preciso orientarme e saber onde se encontra o este para coñecer por onde se ocultará o sol.