jueves, 15 de septiembre de 2011

Afortunada.


Aparecío un día calquera, nun deses no que a monotonía se apodera de cada rincón e chega algo que rompe totelmente con todo eso. Ela foi ese algo. Co seu característico sorriso e as súas ganas tolas de vivir irrumpío no meu mundo e, nun intre, fixo que este quedara patas arriba. Estaba tola, tola de remate, e aínda o segue estando. É a hiperactividade concentrada nunha única persoa. Foi ela quen, cada día, me animou a seguir adiante e a continuar loitando polo meu soño que, sin saber nin siquera como, se volvío totalmente real. Acompañoume día si e día tamén por un camiño duro e complicado, dándome a man en cada pendente e contando chistes malos constantemente para amenizar o dolorosa traxecto. E é que un minuto aburrido, ao seu carón convírtese nunha hora de sorrisos aseguradas, de momentos desos tontos que, sin saber porqué, recordas toda a túa vida. Así, cada instante con ela foise creando algo tan forte que nin sequera poderías ser capaz de imaxinalo.
Convertiuse nesa clase de amiga que permanece ao teu carón baixo todo pronóstico. Ela é así. Dese tpo de persoas que costa atopar, pero que chega e, cando eso ocurre, é para sempre. é esa persoa a que lle fixen prometer que non me olvidaría, e a mesma que, a día de hoxe, aínda non rompeu a promesa.
¿Sabes? Din que as pequenas cousas crean grandes recordos. Tan só polo corazón tan inmensamente grande que ten, ela non se pode considerar unha cousa pequena, asegúroo. Pero é certo que todavío creou algo máis grande comigo: unha historia. Unha historia digna de ser contada, con altibaixos como outras tantas, pero con moitísima amizade e cariño que fan do demáis un mero bache no noso camiño xuntas.
A distancia e o tempo sempre xogan malas pasadas rompendo lazos que criamos unidos e distanciando persoas que loitaban por non separarse nunca. No noso caso, é certo que houbo cambios, e seguiraos habendo, se son sincera. Pero pasou moito tempo, e ela segue ahí, ao pé do canón, ao igual que o primeiro día.
Non todos temos a sorte de atopar a alguen así, pero aseguro que os afortunados, o somos de por vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario