
Cada vez teño máis claro que son un ser humano en toda regla, que tropezo unha
dúas, tres e ata cen veces na mesma maldita pedra. Visto o visto, creo que xa
non ten remedio, xa vou tendo claro que seguirei e seguirei tropezando, pero
tamén teño claro que me erguerei con máis e máis forza de cada vez.
Quizáis o meu erro sexa que marco metas demasiado fóra do meu alcance.
Quizáis o que debería facer é poñer unha venda nos ollos e comezar a correr,
correr todo o rápido que poida, sen temer ao cansancio, sen temer a caer,
correr ata que a meta apareza no meu camiño. Cando apareza frearei, sacarei a
venda e comezarei a vivir iso que todo o mundo espera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario