Chega un momento no que non podes máis, no que xa todo te supera; e
é que unha está farta de ter que ver, oir e calar, polo simple feito de non ser
quen de enfrentarte a realidade, por esa cobardía que me invade cando me atopo
ante certas situacións. Ás veces planteaste que vale máis soa, que prefires non oír,
que ainda que pareza que non xa bastante tes. É incrible que en tan pouco tempo
abras os ollos desta maneira. Tí non vas cambiar, sábelo, asique sigue coma
sempre, tentando que cada verba che entre por un oído e che saia por outro,
ou polo menos que iso pareza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario