
Ponte guapa. Saca os tacóns, mídeos e asegúrate de que superan os 10
centímetros. Pónos e perde o equilibrio ata que te canses de camiñar
como un maldito pato mareado e comprendas que ti tamén podes deslumbrar.
Pon o vestido mais curto, apretado y suxerente que teñas. Vístete da cor
que menos lle guste a teus pais. Píntante .Sumérxete nese ritmo repetidizo
que se fai contigo e causa un pitido na túa orella cando voltas a casa. Fai
que os teus pasos soen a pesar do volumen da música. Pide algún cubata
de mais e pon lentillas da cor do Malibú . Acércate a eserapaz rodeado
de rapazas e déixalles claro que para lanzadas elas, lanzada ti. Sácao a bailar,
dalle un número falso e deixa en mans do destino que volva saber algo de ti.
Chega tarde a casa e cando che pregunten di que non volverá pasar.
Sona o despertador, e volta a comezar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario