
Cando caia, erguereime aprendendo a lección. Cando chore dabondo, rematarei por rir. Cando me namore, darei todo e máis. Cando alguén se namore de min, finxireime importante. Terxiversarei información sempre que sirva de algo. Farei como se fose única e especial aínda que, coma todos, soamente serei unha máis de quen sabe qué grupo en vaite ti a saber qué lugar. Prohibireime o alcol e bebereino ás agochadas, prometereime que estudio e mirando os papeis a miña mente comezará a voar. Farei o que miña nai mande cando está calada. Simplemente serei eu mesma baixo unha apariencia. Porque si, seguirei bebendo, vagueando e desobedecendo, porque esa son eu. Loitarei polo imposible, deixarei atrás o camiño fácil. Así de sinxelo parece o que realmente é tan complexo. Por último, seguirei escapando polos cerros de Úbeda en vez de ir ao grano, porque iso si é difícil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario