
Cando tes consciencia de ti mesma, aprendes realmente a contar. Contas que hai miles de momentos vividos e cen millóns deles por vivir. Contas que bebeches vinte chupitos e quedan cen por beber. Podes contar os suspensos experimentados e os que che quedan por vir. Cen mil veces que choraches, e dez millóns que che quedan. Mil bágoas de cancodrilo, dez mil con sentimento. Vintaecinco veces que te sentiches arroupada por cada cen momentos en compaña, menos da metade. Dez dedos nas mans, outros tantos nos pes. Eu sei cantos me sobran ou me deixan de sobrar para contar aquelas persoas coas que verdadeiramente podo contar. Poden soar a pouco, máis ben case a nada, pero son os que me manteñen ahi. As persoas teñen como obxectivo inconsciente sentirse arroupadas e queridas polos demáis, eu son persoa e polo tanto tamén teño ese obxectivo. Pero golpe tras golpe, os meus ollos abren, o vaso enche. Sei perfectamente por que persoas teño necesidade de sentirme querida. Creo que elas tamén o saben. Reciprocidade, creo que esa é a palabra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario