
Resulta extrano ver como, dun momento a outro, sen previo aviso, os recordos deciden acumularse e golpearte nas fazulas con toda a súa forza. Recordos de fai tanto que eres incapaz de contar os días, pero recordos de algo que, ao fin e ao cabo e, por moito que trates de evitalo, foi REAL. Tan real como que agora te atopas ahí, frente a eles, lendo esas estúpidas cartas que criches destrozadas por completo. Repasando cada punto e cada coma e revivíndoas pouco a pouco porque, sí, sabíaste de memoria cada espacio e cada bonita curva desa caligrafía tan redondeada.
E é que hai recordos que, sen remedio algún, teletransportan. Que fan que se che poña a pel de galiña como se che puxo no momento que os viviches por primeira vez, que a respiración che falle e que, ainda que ese inexpicacble nó no estómago non desapareza, sexan recordos que sempre acabarán por arrincarche un sorriso.
E era de esperar, no momento en que lin ese punto e final da última das cartas souben que non quería que estas acabaran coma o resto. Non quería acabar con elas, rematar ca historia. Era inevitable porque, por moito que me empeñara en convertir aquelas páxinas en meras follas en branco, tiña claro que, no seu interior, cada coma, cada palabra ou cada suspio xunto cun sorriso tímido estaba ahí, perfectamente. Como se se tratase do primeiro día.
Encantame este texto.
ResponderEliminar