miércoles, 21 de diciembre de 2011

Xoves, que está no medio.


Creaches un camiño, estableceches o teu propio destino sen darte de conta. Todo é porque antes foi, porque ti mesma quixeches que fora. Non hai volta atrás. Nese camiño perdeches miles de cousas importantes e gañaches outras moitas que pode que non o fosen tanto. Que máis da? Ao feito peito. Non importa que crearas un futuro incerto e escuro o que importa é que no teu pasado deixases marca, que ainda que só fose un intre foras importante. Se todo pasou como pasou foi porque xa estabas demáis.

Moi lonxano


Hoxe parei o tempo, quedei suspendida no aire, mirei como as chamas devoraban a madeira e deixei de funcionar, pulsei no meu interior o "modo avión". Necesitaba parar, evadirme e mirar cos ollos pechados qué é o que hai dentro de min, en qué me convertín, quen son e quen quero chegar a ser. Non son mais que sombras que aparecen cando a luz se apaga, non son mais que nada. Teño decesete anos, aspiracións de nena descerebrada e medio millón de ilusións no peto. Teño unha bandada de paxaros na cabeza, mil sorrisos a punto para disparar a calquera, e un par de chistes gardados na manga. Son unha mais, non teño nada especial pero, pola contra, síntome tan única e distinta a veces que creo que veño dun lugar moi lonxano.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Váiseme o tiempo pensándote.


Por casualidade esa mítica canción volveu soar. Recordas, revives cada bico, cada aperta, cada aloumiño, volves escoitar cada un dos quérote, eses ''eres a mellor, única e especial''. Pechas os ollos e mentres pensas nese momento que nunca se che vai esquecer, notas como se che pon a pel de galiña. Comprobas que, eso que foi aínda sigue sendo. No fondo gústache seguir sentíndoo. Estreméceste. Abres os ollos e daste de conta de que mentres ti te evadiches xa soaron como unhas cinco cancións máis.

domingo, 4 de diciembre de 2011

Agora sí, son.


Devenir. Nada é o que era, todo mudou. O tempo fixo o seu traballo. Un mundo equilibrado é aquel no que cada cousa, cada persoa está no seu sitio. O ar pasa por diante nosa deixando as nosas faces abraiadas, a choiva esvara pola nosa pel aportándolle un minimo de humidade e eu xa actúo como realmente o sinto en cada intre. Xa non río por rir, xa non choro por chorar, xa non bailo por aparentar. Agora disfruto cada sorbo de tequila, sufro cada bágoa e sorrío con cada palabra que fai que o meu mirar se acenda. Fun, son e serei o que tiña, teño e terei que ser e ao que non lle guste pois azúcar era non?