
Por casualidade esa mítica canción volveu soar. Recordas, revives cada bico, cada aperta, cada aloumiño, volves escoitar cada un dos quérote, eses ''eres a mellor, única e especial''. Pechas os ollos e mentres pensas nese momento que nunca se che vai esquecer, notas como se che pon a pel de galiña. Comprobas que, eso que foi aínda sigue sendo. No fondo gústache seguir sentíndoo. Estreméceste. Abres os ollos e daste de conta de que mentres ti te evadiches xa soaron como unhas cinco cancións máis.
A canción que fai que te acordes da persoa que queres pode facer que te perdas sin darte de conta de que ao teu redor, o mundo sigue. Precioso.
ResponderEliminarUn biquiño.