sábado, 22 de diciembre de 2012

Auga e aire.

Niguén te entende, tampouco queres que o fagan. Pensa na vida dun golfiño, que non pode pasar toda a súa vida baixo a auga, afoga, parece irónico, pero precisa saír a superficie. As persoas ao igual ca eles, tamén precisan tirar cara arriba e saír a superficie de vez en cando.
Un dos maiores medos do ser humano é a soidade. Pode parecer raro, pero a pesares de temerlle, precísana, ou eso din. Queren o seu propio espacio, ou non. Nnguén e capaz de comprendelo, pero tampouco buscas que o fagan.

sábado, 22 de septiembre de 2012

O que ninguén conseguirá xamáis.


É curioso como, cando xa deixaras de crer nos momentos perfectos, estes conseguen, en apenas cuestión de meses, materializarse na túa vida e todos a partir dunha única persoa. É bonito ver como el se converteu no comezo desa clase de días que, por moi monótonos que parezan ao principio, sempre acabarán por sorprenderte, porque el nunca deixa de facelo. E, o mellor? Sen dúbida, o oco que conquistou na túa vida, en cada mínimo detalle dela, no que nunca vai deixar de estar presente. Tanto lugares, coma obxectos, coma sorrisos perdidos por rúas escondidas, ou cóxegas na cama. Todo iso queda gardado, e ti non deixas de vivilo co maior dos sorrisos e unha esperanza que ninguén consegue desprazar. Porque sabes que el conseguiu o que nunca ninguén antes lograra: namorarte.

lunes, 23 de julio de 2012

Ata a lúa e as estrelas, ida e volta, infinitas veces.


Ti, eu e un bo feixe de casualidades, coincidencias e soños. Ti, con esa habilidade innata para que te queiran, e eu, coa miña manía de quererte cada día un pouco máis. Ti e eu, nós.
Perder o tempo non está dentro dos nosos plans e, agora, gustaríame dedicarme a sacarche sorrisos, a pedirche apertas e a roubarche bicos. Prometo disfrutar ao máximo de todas esas casualidades que un destino se propuxo regalarnos. Agora vivo botándote de menos cando te vas e soñando esperta cando chegas. Porque ao teu carón temblo pero lonxe de ti os minutos son eternos. E non penso deixar de soñar, o único que me queda é esperar ó próximo momento no que pares o tempo e me fagas volver a temblar.
O pasado e xunto con el todos os malos momentos deixaron de ter importancia, porque ti lla arrebataches. Dinme conta que me ergueches moitas veces, pero agora estasme facendo voar.
Pasamos por moitas cousas; por pequenos e grandes enoxos, por milleiros e milleiros de sorrisos, por momentos difíciles nos que nos tuvemos que apoiar, por ataques de risa que ainda sigo recordando, por apertas que sempre desexei que foran interminables e por momentos nos que nos quixemos como ninguén o vai facer xamáis. Aquí é onde che digo que foches, eres e o serás todo para min e onde che confeso que pase o que pase entre nos sempre vai haber segundas, terceiras, cuartas e quintas oportunidades. A pesar de que hai medio millón de cousas que nos unen e un millón e medio que nos separan, nós temos a clave para loitar contra o final e crear novos principios. Todo, infinito, xuntos. E é que o de testarudos a nos vainos que nin pintado.
Porque te quero ata a lúa e as estrelas, ida e volta, infinitas veces. Desa forma que poucos coñecen, e a día de hoxe todos queren querer. Encontrar a túa media laranxa é misión imposible, atopar a persoa axeitada é difícil, ou polo menos para min. Costoume ata que souben abrir os ollos e darme conta de que ti estabas ao meu carón.
E aínda que o intentes non, non tes nin idea. Non sabes do que son capaz cando estás preto de min, e moito menos cando estás lonxe. Non lograrías comprender o número de semáforos en vermello que pasaría, os 479876565454324874 pasos da miña casa a túa que recorrería en milésimas de segundo e a xente sobre a que me lanzaría por ser a primeira persoa que viras polas mañás nada máis saír da cama. Que me volvería unha kamikaze tirándome contra todo e rompendo portas ata atopar a correcta que me levara a ti. Que nunca serei capaz de explicarche o que lle ocorre ao meu mundo cando ti pasas cerca.

Todo recto, rumbo ao futuro.


A bucina do coche na rúa chegou aos meus oídos xusto cando me dispoñía a escribir o punto e final naquela frase. Collín o último bolso que quedaba, camiñei cara á porta e, antes de pechala, despedinme de cada recuncho da casa. Baixei as escaleiras e saín fóra. Todo recto, rumbo ao futuro.
Pouco despois, xa no coche, a medida que esa paisaxe familiar se esvaía a través da xanela a causa da velocidade, dediqueime a buscar un pouco dentro de min mesma e a sacar á luz todos aqueles momentos que gardaba xunto a eles.
Pola miña mente circularon recordos que abranguían dende ese primeiro día de instituto no que eramos uns descoñecidos ata ese último no que nos despedimos daquelo tan noso.
Viviramos tantas cousas xuntos... e o tempo pasara demasiado rápido. Agora, volvendo a vista atrás decátome do grande que chegou a ser isto.
Día si e día tamén, cada un deles coas súas risas, as súas parvadas, algunha bágoa de cando en vez pero, á fin e ao cabo, días especiais simplemente por pasalos xuntos. Ao longo de todos e cada un deles creamos esta historia formada por todos nós, polos nosos recordos e a grande amizade que se creou en tan pouco tempo. Unha historia que, sabemos, non se borrará.
Pero as cousas cambian, os días pasan e agora só sei que, polo momento, toca dicir adeus. Adeus ás oito e media con caras de durmidos, ás once e cuarto con risas e estrés e ás dúas e media con alivio. Adeus ás voltas arredor do instituto. Todo iso xa queda atrás. E eu non deixo de preguntarme que tería pasado se nunca os tivese coñecido. Posiblemente todo sería moi diferente, tanto que non querería por nada do mundo ter uns recordos nos que eles non aparezan.
A medida que a velocidade do coche me aseguraba que xa estaba a chegar ao meu destino decateime de algo. Rematamos unha etapa, pasamos a unha nova páxina neste libro que creamos ao longo destes anos e, aínda que non leamos este capítulo tan xuntos como ata o momento, sei que que nos quedan moitos capítulos deste libro para encontrarnos de novo.

jueves, 19 de julio de 2012

Forte é o meu segundo nome.


Rin para facer ver a xente que son feliz. Chorei ata que se me esgotaron as bágoas. Perdoei o imperdoable. Tuven, teño e terei as mellores persoas cerca. Quixen como ninguén o fará xamáis. Conseguín forzas de onde non as había. Fixen rir a xente con mil tonterías. Tuven o valor de construir un futuro que xamáis se cumplirá. Comporteime como unha nena pequena para que viran que ainda teño algo inmaduro dentro de min. Fun paño de bágoas de aqueles que se derrubaron. Fíxenme a xorda para non oír o que non quería escoitar, e a cega para non ver o que doía. Coñecín o meu primeiro amor. Tuven a coraxe de dicir o que penso. Traguei o meu orgullo para non perder a persoas importantes. Gardei centos de bágoas para aparentar que son forte.

viernes, 29 de junio de 2012

Tic tac.


Odio o contrarreloxo. Danme medo os cambios. Aínda sabendo que me levei de todos os momentos bos e menos bos cun sorriso. A pesar diso, agonizo. Agonizo de pensar que nalgún momento as cousas non poden ir tan ben. Érgome cun nó na garganta, pero co paso das horas vaise, e ármome de forza. Se puiden con dúas ben podo con tres e con catro. Non quero saber aínda como vai ser. Pero detesto ter que recordar todos os días que queda menos.

martes, 3 de abril de 2012

O tempo non sempre é un aliado.


O tempo pasa e nós cambiamos, ou tratamos de facelo. Dependamos del e deixamos que cure todo o malo, inxenuos. Por un momento cremos telo todo olvidado, pero de repente todo volve. Os recordos vólvense realidades xa vividas, e non queres admitilo, pero dóeche. Mintes a todo o mundo, negas o evidente e unha sensación estrana recórreche o estómago; nerviosismo, impotencia e ganas de volver intentalo. Así, todo xunto. Unha mezcla que che fai pensar e che provoca dor de cabeza

domingo, 19 de febrero de 2012

Ata que o poidas agarrar non tentes collelo


Espertar, recordar. O destino non quere axudarche. Impotencia, queres e non podes. Acabarás por tirar a toalla para deixar que veña o que teña que vir. Nunca cansarás de dar todo a cambio de nada, sábelo, es así. Quizáis o problema é querer máis do que mereces. É moi dificil falar de merecer ou non merecer, realmente: quen merece a quen? Ninguén é perfecto e todos nos merecemos a todos. Detesto que me digan que alguén non me merece, é a resposta de sempre. Só me queda volver a repetirme: "try again".

miércoles, 18 de enero de 2012

Inevitable.


Din que as despedidas doen, si. Pero son moito máis dolorosas aquelas que son anunciadas de antemán. Non me refiro a cando alguén se vai, se non a cando ti ves que alguén se está a ir. É triste ver como aínda que esteas ao lado de alguén, notes que as distancias invadan todo o aire, que non teñas nada do que falar. Acabas admitindo que xa nada é o que era, as loucuras podense contar cos dedos dunha man, xa non abundan tanto os sorrisos e chega un día no que xa non hai nada que dicir. A maioría das veces dáse un punto de inflexión, no que te decatas de que as cousas se esnaquizaron. Un punto no que te decatas que ao poñer as cartas sobre a mesa, vai dar a partida por perdida. Ese punto no que sabes que non hai modo de volver atrás, ao bordo das vías do puto tren que estaba á espreita, o punto que marca o principio doutra historia. É inevitable.

miércoles, 4 de enero de 2012

Gostar de,


As sinais, as fresas e a túa forma de mirarme. Encántanme as tardes na praia nas que mirabamos as nubes e as dabamos formas imposibles. Tamén me encantan os xeados de Nestle e os Kinder Sorpresa. Os grumos do Colacao , e a escuma do mar. Gústame Pocoyó e Winnie de Pooh. Xogar ao monopoly e escoitar o son da túa voz. Os bombóns de chocolate e abelás, escribir sen ter ningunha razón, intentar sorrir aínda cando non haxa motivo e bailar cando empeza a soar a música. As películas estúpidas que me fagan rir, as gomas de mascar de fresa, as piruletas grandes e de cores, os debuxos parvos que decoran os meus libros, as novelas románticas e os trabalinguas que sempre digo mal. As cancións cunha letra especial e os reloxos que non funcionan, porque me deixan mais tempo para esta ao teu lado. Tamén me encantan os beizos vermellos, os rotuladores de cores, as camisetas de manga caída e as carapuchas. A música e a cor negra. Os marcos de cores e as imaxes abstractas.
E que non se me esqueza! Gústame explotar as pompas de aire dos plastiquiños de protección. Debuxar corazóns na area e escribir o meu nome en todas partes. E como non, apaixónanme as sorpresas e as palabras que cada día me regalas. Gústanme os sombreiros e as gorras e coleccionar un montón de pulseiras. Gústame sacar fotos, e editalas ata que me queden perfectas. Tamén me gusta dar puñazos ao aire ata desafogarme por completo. As sudadeiras cun talle maior á miña, levar lazos ou flores no pelo e como non é de estrañar, cantar na ducha.

domingo, 1 de enero de 2012

Son recordos que non se evaporan.


Rematamos un ano cheo de sorpresas, cousas inimaxinables, soños sen cumprir, palabras caladas, enfados e apertas. Rematamos un ano de cambio, de reflexión e de aprendizaxe.
Cambios nas amizades, amizades que fixeron dano e decidimos deixar atrás, amizades perfectas que conservaremos o resto das nosas vidas, amizades que nos enganaron durante moito tempo, que criamos para sempre e resultaron ser unha perda de tempo, amizades que pensabamos que nunca ían xurdir, que xamais coñeceriamos a esas persoas que acabarían sendo como irmás.
Amores imposibles, frechazos instantáneos, amores de engano. Tamén xurdiu o amor, ese imposible de esquecer, que che conxela ese instante no que o bicas, que desaparece todo ao teu arredor e tan só estades ti e el. El, o mais importante deste ano.
Eu cambiei neste ano, pero ti cambiaches tamén. É cousa da idade. Cambiamos e volvemos cambiar, quizais non nos decatemos pero facémolo. É inútil negalo. E é que, con dezasete anos, que esperas?
Aconteceron moitas cousas. Demasiadas pelexas que nunca máis se repetirán, moitas risas que irán a máis, bágoas que decido enterrar. Estúpidos comentarios que xa me dan igual, si, danme igual porque aprendín a quererme tal e como son, aceptándome cos meus defectos e as miñas virtudes e que se a alguén non lle gusta, que non mire! Pero non o aprendín soa, tivéronme que axudar, e a todos eles Grazas.
Aprendín que as persoas ás que menos atención prestamos, ás veces, son as que máis preto estarán de nós. Aprendín que sen amigos unha persoa non é nada, todos necesitamos un equipo que nos suxeite se imos caer, que nos faga ver que diante temos a pedra coa que sempre tropezamos.
Aprendín que as cousas chegan cando chega o momento, que non habemos de acelerar o paso do tempo porque máis tarde traerá consecuencias.
E o máis importante, aprendín que a felicidade está ao alcance de todos e que para cambiar o mundo antes debo cambiarme a min mesma.
Grazas a todos polo marabilloso ano 2011 que me destes, porque cada un fixo que un momento sexa impresionante. E, momento a momento, remátase xa o 2011.