domingo, 30 de octubre de 2011

Quizás infinitesimal.


Hai verdades agochadas, hai mentiras que se cren verdades.Hai cousas incomprensibles. Hai metades que se bastan como se foran enteiras. Hai incompatibilidades. Hai polos opostos, e polos iguais. Hai batallas perdidas e outras que van camiño diso. Hai chocolate para calmarme. Roupa de saír, roupa de andar pola casa. Vasos que se enchen sós, outros que se desbordan sen pensalo. Hai tanto, e tanto incontable. Infinito. Non determinado. Hai palabras que non sirven para nada. Hai nadas que lle sacan o sitio as palabras. Sobran. Todo dito. Hai recordos. Hai plans de futuro. Hai barreiras que non marcan fin. Indescriptible.

Creo que son un touro.


Independencia absoluta. Soíña como, mastico e trago. Que ninguén tente dixerir por min, total son bastante forte. Aparento fraxilidade, son de material lixeiro, adoito ser sensible ao tacto, mais son dura como un diamante, irrompible coma o ferro, maciza como un tanque, ainda asi podes xogar conmigo que non disparo, simplemente ignorarei todo feito.
Por último cabe recordar a diferencia entre rir e sorrir, non son o mismo soamente comparten letras. O sorriso cala, a risa berra. O sorriso escoita, a risa fala. O sorriso medra paseniñamente, a risa estoupa e volve encoller. Intento descifrar porqué abunda tan pouco o sorriso frente ao gratis que é.
Simplemente digo, que eu ríome moitas veces.

jueves, 27 de octubre de 2011

Tanto tes, tanto vales.


Que sente a cabeza, que non proteste, que non me agobie, que viva con tranquilidade, que non chore, que non ría tanto, que aprenda inglés, que estudie, que teño que ser alguén de proveito, que aforre, que non beba tanto, que disfrute, que non sexa bipolar, que me cuide, que o almorzo é a comida máis importante do día, que saude aos coñecidos, que deixe a vergoña detrás da porta, pero non toda, que o pasado pasado está, que o azúcar en exceso non é bo, que non cante que chove, que baixe das nubes, que non se me peguen as sábanas, que non lle dea importancia ao que din os demáis, que mire por min antes que por ninguén, mil e mil consellos que escoito a diario, se lle fago caso deixo de ser eu mesma, volveríame tola, prefiro seguir cos meus defectos, facendo oídos xordos, decidindo o que a min me apetece en cada intre, que se quero moito azucar vouno comer, que se quero chorar vou lagrimear coma a que máis, se me apetece brincar tocarei as nubes, se me apetece cantar fareino ata que caia o diluvio universal, que as miñas sábanas van seguir tendo pegamento. Esa a máis imperfecta de todas son eu, se me queres vas ter que aturarme así.

Preciso unha dosis de soidade.


O que non chora non mama, pero donde hai patrón non manda mariñeiro e contra o vicio de pedir hai a virtude de non dar. Ao fin de árbore caída todos fan leña, non entenden que cada pau debe soster a súa vela. A grandes males grandes remedios, e como amor con amor se paga, xa todo queda dito que a bo entendedor poucas palabras bastan. Aora só digo que o que adiante non mira atrás queda, e ainda que eu moitas veces non vexa máis aló do meu nariz dixolle o pote ao caldeiro sacade ahi que me luxas, que para a tua desgracia toda boa rosa ten as súas espiñas. O tempo todo o cura, e bueno iso zapateiro aos teus zapatos, que unhas por outras a casa sen varrer.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Con Dios meu rei.


Falades, falades, falades, decides que somos raras, que precisades un diccionario para comprendernos, e que ainda asi o vedes complicado. Vistesvos? Parachedes a pensar, por un so instante, nas vosas reaccions? Dame a alma que non. Porque sinceramente sodes máis raros que un can verde. Peores ca droga, creades unha dependencia incrible, eu podo decir que desta tiven sorte. Algo grande comezaba a nacer, pero foches quen de botalo abaixo en minutos, que digo minutos? Segundos! Ben feito. Con Dios meu rei.

Att. Unhappy girl.

martes, 25 de octubre de 2011

Xunto ela, calquera día é especial.


Ela é das persoas que a súa cara o reflexa todo, dende a alegría ata o enfado. En certos aspectos é algo extremista, ou non che di nada ou cho di todo a berros. Se ten que ser realmente honesta, vaino ser, e máis se llo pides ti. Aínda así pode ser moi compasiva e agarimosa. Definitivamente non lle gusta facer o que non quere que lle fagan. As inxustizas/falsidades sácanas das súas casillas, altérana e póñenlle os nervios a flor de piel. E é que dos nervios, xa non ten cura. Ela usa a ignorancia como escudo persoal. Odia indiscutiblemente a aquelas persoas que teñen o don para arruinar os seus mellores días, e máis ainda aos que lle empeoran os malos. Ela é tola por naturaza, inqueda e orgullosa. Nunca faltan as súas ironías nin o seu sentido do humor. É desas persoas que lle pasa todo o que non lle pasa a ninguén máis. Encárgase de manter todo baixo control ou polo menos eso che fai crer. Sabe que para actuar hai que pensar primeiramente en frío. Como a todos, non lle gustan as situacións que a poñen entre a espada e a parede. Ela nunca vai ocultar a súa angustia nin as súas bágoas, ainda que faga o imposible por contelas. Polo xeral, finxe ser forte para non demostrar as súas debilidades, pero por dentro, e non tan dentro, é un anaquiño de pan. É a rapaza máis doce do mundo, cando quere. Non xulga a ninguén sen primeiro coñecelo. Brinda segundas, treceiras e ata cuartas oportunidades. Confía demáis, quizáis por iso leve tantas decepcións. Regala a súa amizade a quen queira coidala.
Esto e moito máis é o que a fai única, diferente ao resto. É do mellor, que ninguén lle faga pensar o contrario, senón veraas comigo. É unha amiga insustituible, sen data de caducidade. A nosa non é unha amizade común, para nada. Comezou sen darnos conta, avanzou pouquiño a pouco, moito e aquí estamos. Pode que as palabras as acabe levando o vento, pero estas quedaranlle ben gardadiñas ahí, dentro dunha caixiña: Espero poder contar con ela sempre, co seu apoio incondicional. É un piar fundamental para min, sen ela perdería o rumbo.

Sen corazón de reposto.


Sei o que quero, non sei o que busco senón que sei o que estou agardando. Teño moi claro que me gusta que chova, e ainda teño máis claro que hai unha forma de chover da que teño morriña. Esperar, simplemente espero que a min algun día tamén me caian chuzos de punta.

sábado, 22 de octubre de 2011

Continuará.


A contradición máis grande que existe, sentirme atada pero a vez libre, máis libre ca nunca. Que alguén sexa capaz de elevarme ata o ceo, e que en cuestión de segundos me faga morder as nubes. Que ese alguén sexas ti. Darcho todo, queira ou non. Facer todo eso que un mismo di que nunca fará, nin sequera por amor. Cumplir cada unha das promesas que nos facemos. Xuntos, correr riscos e camiñar a cegas. Encontrarlle o placer ao ir en contra da corriente. Vivir nunha continua burbulla de felicidade.
O noso é un libro cheo de historias sen final, con puntos suspensivos e moitos continuará. Un sempre non é eterno, pero pode durar máis do que un espera.

viernes, 21 de octubre de 2011

Aquela


Hai quen di que as mulleres cando son amigas son insoportables, pois concordan unha ca outra perfectamente e non se despegan. A vida preséntanos milleiros de persoas e cada unha ven a cumplir un papel diferente nas nosas vidas. Todas aquelas quedan na nosa memoria, nos nosos hábitos, nas nosas fotos. Ti para min, xa dende pequeniña, foches o meu todo, a mellor. Aquela coa que andaba do brazo todos os días. A quen lle contei o primeiro rapaz que me gustou. A que me da consellos de roupa, persoas, peinado e comportamento. Aquela coa que compartín cama infinitude de veces. A quen lle conto absolutamente todo, e coa que me sinto totalmente entendida. Aquela que me repite ata a saciedade que deixe de comer nas unllas. Aquela que me abrazou en silenzo e me escoitou chorar. Aquela coa que compartín o mellor de min. Aquela que foi e sigue sendo unha irmá para min. Aquela que é boa compañía ata cando o plan é "non facer nada". Unha das mellores amigas que é simplemente "aquela".

sábado, 15 de octubre de 2011

Cada tolo co seu tema.


Din que o que cala otorga, pero é que en boca cerrada non entran moscas e que o que se pica allos come. Que o que escupe ao ceo cáelle na cara, que non é ouro todo o que reloce, que moitos poucos fan un moito, que había que previr para non lamentar pero que a grandes males grandes remedios. A auga que non vas beber, deixaa correr. As paredes escoitan. Vamos que, cada tolo co seu tema.

Resbalan nos meus oídos.


Deixa de facer ruido, estudia, vai ao ximnasio, recorda que o almorzo é a comida mais importante do dia, non probes o tabaco, baixa das nubes, érguete cando soe o espertador. Vivir así pode matar. Se fas caso deixas de ser ti, prefiro seguir cos meus defectos, paso de criticas envelenadas. Despéinate, rasca a barriga de vez en cando, fuma un de cando en vez, soña esperta continuamente, simplemente fai o que queiras cando queiras e como queiras. O precio a pagar vai ser o mesmo.

domingo, 9 de octubre de 2011

Que se quede mudo ese espertador, prefiro seguir soñando.


Non son unha entre un millón, non. Son unha máis entre centos. O que quero non podo telo, o que teño non o sei querer. Non me entendo nin a min mesma, sempre me saco de quicio. Non me tentes que entro ao trapo. Busco madrugadas nas que comparta almofadas. Nácese e mórrese só, pero contar con alguén na metade do camiño, é seguro. Aínda que para sempre é moito tempo e unha noite é pouco rato, tenta atopar o término medio. Porque teño moi claro que son pouca cousa e dubido se o meu corazón che importa, moitas veces non sei decir que non a miña ultima copa. Non sei qué cojones facer conmigo. A la buena de dios.

sábado, 8 de octubre de 2011

Sinxelamente, el.


Por se acaso se che olvida, adoro a forma coa que acaricias a miña pel, o meu cabelo, as miñas mans. Adoro eses ollos que regalan paz costantemente. Ese sorriso que me trae de volta a este mundo cando estou completamente perdida nas miñas cousas. Esas palabras de amor que son suspiros eternos, soplos de vida. Esa mirada que promete soños infinitos e ilusións que algún día cumpliremos. Esas loucuras que me poñen nerviosa e cuando se che da por non parar de decirme que me queres. Ou esa manía de comerme a bicos e non deixarme respirar nin un so segundo. Esa forma tan natural de amar a alguén e a túa maneira de entregarte en corpo e alma. Esa dozura íntima cando dis que me pertences e me prometes que o noso será para sempre.

Donde as dan, tómanas.


Probar do teu propio medicamento non é prato de bo gusto. Din por ahi que ollo por ollo e dente por dente, que nesta vida todas se pagan. Pero tamén din que nunca choveu que non escampase, e que todo o que pasa, pasa por algo. Tiña que saber que o amor con amor se paga, e que máis vale mal coñecido que bo por coñecer. Pero a falta de pan boas son galletas, a pesar de que non hai rosas sen espiñas nunca é tarde se a dicha é boa. Ainda que o que espera desespera, porque contra o vicio de pedir está a virtude de non dar. Ao fin sexa como sexa non hai mal que por ben non veña, o pasado pisado, o tempo cura as feridas, as túas e as dos demáis. E aínda que digan que as oportunidades pasan so unha vez e debes aproveitalas, eu penso que se a rexeitaches é porque algo mellor ven detrás. Ao feito peito.

Voar sempre cara arriba.


Ás veces sen motivo aparente facemos que a nosa cabeciña comece a traballar, o ambiente, certos problemas ou o recordos dun pasado mais ben recente son factores bastante favorables. O peor é que todos sabemos como remata isto, cunhas bágoas que para moitos son tontas, pero que para min son tan importantes que non son capaz de contelas. Recordo que cando era máis pequena decía unha frase que soaba tal que: ''Pensar é de tontos'' pero ata non fai moito non descubrín o verdadeiro significado, porque non hai tontería máis grande nin maior pérdida de tempo que poñer o caletre a dar voltas. Propoño deixar a mente en branco e plantarlle cara ao destino, que sexa o que teña que ser, simplemente, non facer dun gran de area unha montaña, non afogar nun vaso..

Saúde, diñeiro e amor.


Non sexamos coherentes e pidamos o imposible. Miremos o mundo como un lugar cheo de posibilidades, e se é necesario pensar que mañá é o noso último día, entón fagamos algo que mereza a pena ser recordado! O único que non teremos é o que non quereremos ter. E se se trata de pedir, saúde, diñeiro e amor, fagámolo hoxe porque o reloxo corre e non nos pide a nosa opinión.

domingo, 2 de octubre de 2011

Adicións.


Non me canso de miralo, tampouco de escoitalo, nin sequera de falar con el. É como esa película que xa viches mais dun millón de veces, e sabes perfectamente como acaba, pero, canto mais a ves, mais te emociona. Como unha canción pasada de moda que che fai recordar vellos tempos. El é esa persoa que che fai chorar e rir ao mesmo tempo. El é o que te pon nerviosa, o que te fai mudar de actitude ante os demais, o que te fai rabear para verte enfadada. A adición da que NON quero saír, el.