viernes, 30 de septiembre de 2011

Non teño sono, soño esperta.


É en dias coma hoxe, nos que te das de conta de que todo che vai ben, nos que non precisas máis. A perfección non existe, polo tanto non podo afirmar que esta época sexa idílica, o que si podo afirmar que me apetece rirlle ao destino, mostrar que estou contenta, que a pesar de non ter o que quero aprendín a ser conformista, de tal xeito que o que poseo nestes intres éme totalmente suficiente para asegurar que son inmensamente feliz. Pasar de todo, despreocuparte, saber o que realmente é importante, saltar, berrar, bailar, desafinar intentando cantar, chorar de risa, bicar, abrazar. Que vexan como sorrío, síntome imbatible, e o mellor de todo gústame sentilo.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

O meu todo.


Agora sei que eres ti a sorte do meu destino. Non quero a ningún outro, non preciso a ningún ninguén, solo a ti.
Non entendo como unha persoa insignificante tal vez para o mundo, poda chegar a ser o meu propio mundo. Queres que che diga algo? A vida só se vive unha vez, e eu quero vivila contigo.

Un mundo descoñecido

Admítoo, gústame chorar de vez en cando. Xa non solo por tristeza, senón tamén por necesidade. Necesidade de desafogarse, de descargar a tensión acumulada e deixar escapar todo o que ronda esta cabeciña. E é entón, so entón, cando consigo entender porque me pasa o que me pasa. Comprendo que os problemas non veñen por simple capricho, senón que detrás deles hai razóns. Que quizáis teña que plantearme un cambio. E como todo o mundo, eu tamén odio os cambios. Danme medo, polo simple motivo de descoñecer o descoñecido.

Sóplalle, escoce.


Un día espertas e daste de conta de que non era todo tal cal pensabas. Que non
hai persoas de sangue azul, non, todos a teñen vermella. Que se te cortas doe,
pero sabes que vai cicatrizar ata acabar desaparecendo. Non te queixes vai ao
botiquín, colle un pouco de alcol e cura a ferida o máis rápido que poidas. Despois
coma se nada.

Aplauda e vámos.


Non todo aquel que cala otorga, simplemente non fala porque a ignorancia é xorda. O certo é que aquel que alza a voz perde a razón.
Sei que son indecisa, que non sei o que quero, que teño as ideas pouco claras e que ao mellor non valoro o que teño como debería. Pode que sea rara, ainda que eu prefiro o termo especial, fóra do común. Por se alguén non lle quedou claro o único que vou facendo é esquivar pedras, esquecéndome do rencor e sobretodo calando porque é certo que a ignorancia é xorda e aquel que non me entenda non me sabería escoitar e ademáis pode que alzase a voz, un pouco.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Aspirar alto.


Esa puta tendencia a iluminar os meus ollos cunhas palabras bonitas que saen
dunha boca un tanto especial. Ese sorriso idiota, porque por un instante te sintes
ben. Si, será a falta de costume, non estar afeita a que che ofrezan. Sempre ter
que ofrecer. Nestes momentos máis ca nunca preciso sentar a cabeza mirar ao
meu redor e demostrar que ainda que a carne sexa débil, o que conta é o poder
da mente. Non ter o que queres obrígate a conformarte co que che ven. Pero
nesta ocasión creo que a mellor solución é aspirar alto. Dá igual se paso fame por
aspirar a comer doce. Non importa a soidade por aspirar a vivir en tribu. O que
importa é non caer, ser forte. Por ahí din que merezo algo mais ca un cadelo malo,
e terán razón e todo.

Non o permitas.

Cómete o mundo. Rille ao destino. Disfruta do sol. Baila baixo a choiva.
Alguén me dixo algunha vez que a vida está para iso, para comela, para rir,
para disfrutar, bailar, saltar, correr, ... Se choras e te ves abaixo vaise a maxia,
non permitas iso.


Os finais felices non son o meu.

Os pes cansos. Ti deitada. Colchón brandiño. Ben arroupada. Cómoda.
Lugar idílico para pensar e darlle ao caletre. Darse de conta de que ti non
estas feita para os finales felices, de que estás rodeada de xente e non saber
porqué sintes soidade. Nostalxia e morriña do bonito. A pregunta é: podes
añorar algo que nunca tiveches a oportunidade de ter?

I wander how, I wander why


Palabras que tentan animar, máis ben mentiras que desexan ser verdade.
E ti sumisa nun mundo no que quixeras non estar. Cántas veces non desexaches
cambiarte de pel? Tornarte noutra persoa? Poden decir que me queixo de vicio.
Sí, esa xente que lle tocou unha vida ben máis complicada. Mais eu penso que o
meu pensamento fráxil, que nunca cesa de traballar, non está preparado para o
mínimo e por iso os penares que para uns chegan a ser tonterías para min son
montañas imposibles de escalar, carreteras sen saida ou ben direccións prohibidas.
E namentras eu mostro un sorriso falso o meu caletre mantense alí baixo a lúa
e as estrelas, baixo un monte de falsas palabras bonitas que cheguei a creer.
Seguir dándolle tempo, sei que non esquecerei, pero si superarei. Son outra,
diferente, distinta, non penso igual, non actúo igual, desganada, desmotivada.
Ao mellor isto é o que precisaba. Quero creer no destino, se penso que isto
foi por algún outro motivo, derrúbome de novo. Non estamos para esos trotes.

domingo, 18 de septiembre de 2011

California King Bed

Sorrí cando queiras chorar


Unha vez, nalgures, alguén sen moita importancia dixome unha frase destas que
te deixan abraiada e ao mesmo tempo danche ganas de rirte, esa foi: ''Sorrí
cando queiras chorar''. Sí, a simple vista parece incompresible, un chisco irrisoria,
dous termos contrarios que queren concondar. É posible rir cando as bágoas xa
inundan os teus ollos? Esa persoa, contestoume a esta pregunta, de tal xeito que
me deixou sen pestanexar, fría, sen saber que decir, respondeu preguntando:
É posible algo que non intentas?. Que razón tiña! Márcaste metas que tentas
conseguir, pero non pos da tua parte para chegar a elas. Aspiras moi alto pero
quédaste moi por abaixo. As veces incluso chegas demasiado tarde e ahí hai
remedio? Quen sabe! Simplemente grazas a todos aqueles que foron quen de
arricarme sorrisos a diario permitindo que vaia para a cama, e nela, ser quen
de recordar un instante, aínda que só sexa un, no que rin con gana. E sinto
moito, por eses momentos que coa axuda da miña increible personalidade foron
capaces de amargarvos días e días, teño un don especial, e intento renegar del,
mais é improbable ou case imposible que o consiga.

Esperando o momento.


E así, supoño, que a situación podería cambiar, pero polo momento non o fai, e por
máis que queira, seguirá sendo así ata que chegue o momento. Ese momento no
que lle bote un par de collóns para afrontar a situación e sepa o que pensa a outra p
ersoa. Mentras tanto, pasa o tempo, cada semana, cada día, cada hora, cada
minuto, cada segundo confío en que sexa él quen tome a iniciativa, pero no fondo
sei que o único que nos une é amizade, moi boa, pero ao fin e ao cabo, unha
simple amizade. E é que pouco a pouco, dende que o coñecín sinto dentro de
min que é algo especial. Estou así por non dicir o que sinto, con só un puñado
de palabras que saliran da miña boca, todo cambiaría, pero non saber se o faría
para ben ou para mal, oblígame a manter a boca pechada. Caen as follas como
caen os meus soños, resbalando antes as miñas narices con gotas de auga que
semellan bágoas.

Simples soños.


Mentres fóra o vento zoa con ansia, tumbada na cama co portátil ao carón,
póñome a escoitar unha simple canción. Simple? Simple sería se cada vez que
a escoitara non me viñera él a cabeza, o seu xeito de facerme rir, a súa maneira
de abrazarme ou de collerme as mans, a súa perfecta imperfección. Gústariame
poder decir que es meu, mais posiblemente nunca o serás. Aínda así os seres
humanos mantémonos a base de soños, e ti, nestes intres es o que me mantés
ahí, coa cabeza erguida e cun sorriso case permanente, ti es un SOÑO.

O fin dunha época e o principio doutra.

Sorrisos que se che escapan da boca, cheos de segredos. Bicos repletos de
melancolía por momentos que nunca máis volverás repetir. Fotos de fai tres anos
nas que saes máis feliz que nunca, persoas que tes que deixar saír da túa vida para
que ambos poidades seguir co voso camiño. Recordos que pouco a pouco se irán
borrando da túa memoria para non volver lembrarte nin das súas voces, nin da
súa risa e nin sequera dos seus nomes. Persoas que deixan marca e persoas que
non recordarás. Sensacións que xamáis volverás sentir, frases sen sentido que
volverán a túa memoria dentro duns anos para sacarche ese sorriso repleto de
recordos compartidos. Momentos que quererás olvidar e momentos que non
quererás borrar pero que se irán porque a túa mente deixará de consideralos
importantes. Xente coa que te cruzarás pola rúa dentro de dez anos e nin
sequera reconocerás. Xente que cambia e xente que non quere cambiar.
O fin dunha época e o principio doutra.




Unha escaleira por abaixo.


Fóra o sol mostra a súa mellor cara, o ceo azul invadido por unhas cantas nubes
aquí e alí. E mentres ti e a túa gilipollez mental adicadesvos a pensar, ben sexa
porque non hai nada mellor ao que adicarse ou porque non es quen de sacalo da
cabeza. É duro pensar que os seus mellores días non son ao teu carón. Din que
ninguén está por enriba de ninguén mais, nestes intres eu estou unha escaleira por
abaixo.

Esa sensación,


Estar a un centímetro dos seus beizos é estar a milleiros de kilómetros daqui,
do mundo, case do universo. Notalo cerca, pegado a min, pegado a miña boca
e sentir ese sorriso que me coñezo tan ben. A súa respiración inunda os meus
oidos, e as súas mans deslízanse pola miña cintura sen destino algún.

Non pares de tentalo.

Hai estrelas que parece que podes agarrar coa man, que están totalmente nas
túas mans, e de repente queres collela, e cada vez atópala un pouco mais lonxe,
poste de puntillas, saltas, é imposible de coller. Ata que acabas lendo: "Manter fora
do alcance das idiotas". Ahí é cando se che ven o mundo enriba.




O momento chegou.


E chega o momento no que te das conta que todo rematou, que toda saida ten
a súa meta e que, ao parecer, esta carreira foi máis rápido do previsto.
E volven ao teu recordo tempos pasados, cara o primeiro día que pisaches
este lugar, dándote conta que, sen dúbida, as cousas cambiaron, e moito! Os
miles de momentos vividos convértense nun álbum aberto, repleto de instantes,
de risas, bágoas, nervios, apertas, estrés, tolemias, soños e, sobre todo,
amizade. Os recordos acumúlanse dentro de cada un de nós e aparece esa
nostalxia a deixarnos partir, a cerrar unha porta para abrir outra. Pero sabemos
que, agora, toca decir ata outra.
Sen darnos conta, xa estamos pisando sobre aquilo ao que, ata agora chamábamos
futuro. Iso que non deixábamos de planear, acerca dos mil soños e mil e
unha esperanzas. Ese futuro que, dun día para outro, se convertiu en presente.
E, cando saes por esa porta por última vez só pensas que xa nada vai volver a ser
como antes, pero, sabes que? Os recordos non se borran, e está máis que claro
que, en todo este tempo, temos miles deles.

Único.


Si, iso debe ser o que ti tes. Só contigo teño a necesidade de destacar un pouquiño,
de que me mires a min e non a ninguén máis. Non me gusta ver que abrazas a
outras que non son eu. Só ti consegues poñerme realmente inqueda e nerviosa,
sacarme o sono. Só por iso, es único.

viernes, 16 de septiembre de 2011

"Padiante"


Caer, levantarse a velocidade da luz, e facer como se non pasara nada. Desaparecer. Sentirse tan valeiro que ata os pensamentos crean eco. Creo que se che llama subconsciente ou algo así. Sabes? Cando todo doe demasiado é cando te das conta que algo, por absurdo e en certa forma insignificante, fixeches mal. E non te preguntes porqué ou como pasou, é imposible agora recolocar cada cousa no seu sitio. Cagáchela tantas veces que xa nin te atreves a admitilo, e non sei que é peor, negar a evidencia ou pasala por alto. Sorrir e dicirte a ti mesma "padiante" día tras día, aturar o que está a punto de caer, e aínda así dicir que poderías estar toda a vida suxetándoo. Desaproveitar as oportunidades unhas tras outras, descalificarte voluntariamente do xogo e aplaudir cada vez que alguén che fai dano. E aínda así dicir que estás xenial. E o mellor é cando decides non volver esperar nada de ninguén e de repente che prometen a lúa.

Por se non te deches conta aínda...


Velo. Sorrís tontamente. Él sorriche. Chíscache un ollo. Notas como te está chamando. Faste a interesante. Como se nin o viras. Estás morrendo ca gana de ir, mais esperas que el veña. Vén. Saúda. Dous bicos. Lisca. Non aturas ver como marcha. Detelo. Abrázalo. Quédaslle mirando eses incribles ollos castaños. Míraslle a boca. Non resistes. Bícalo. Bícate...
-Mónica é hora de erguerse.
+Vou mamá!
Ah era iso! Un soño. O típico. Espertas e pensas. Pensas no que che doe que non sexa teu. Pero non se pode ter todo. E din por ahí que sempre hai un roto para un descosido.

O tempo non está connosco.


Afacerse ao que veña, os seres humanos teñen a capacidade de adaptarse a todos os medios. Apliquemos dita lei científica. Botemos de menos, non esquezamos, pero intentemos non empeorar máis a situación, intentemos mostrar un pequeno sorriso, soltemos algún mal chiste, deixemos de pensar, e soñemos cun futuro que está as portas, soñemos con que todo volva a ser igual, ainda que posiblemente só sexa iso, soños. E estes son os estragos que o tempo vai provocando, e o que che gustaría volver a disfrutar do disfrutado.

Game over.

Faime rabiar, pícame, faime chorar, agora, sácame o sorriso da cara,
enfádame, moito. Vexo que o intentas, non vas mal. Pero nestes momentos son imbatible, nada e case ninguén pode conseguilo, aseguro que ti es das persoas que non pode. Sígueo intentando, mentres eu seguirei ao meu, a polo que quero. Facendo oidos xordos a tanta palabra necia, a tanta frase tonta, a tanta gana de joder. Hoxe son de pedra, de ferro, mañá ao mellor son puro marmelo, pero hoxe nin todo o veleno do mundo pode facer que recaia. Game over, try again,
insert coin, sigue tentándoo, moita sorte.




Sen arrepentimentos.


E xusto nese intre no que te arrepintes, no que só esperas que todo siga como
ata agora. Agora que estás ben, que sorrís porque todo é infinitamente idílico,
non perfecto, ainda que non borras a esperanza de que poida selo. Sabes o que
queres, sabes o que rexeitas, non permitas que nada nin ninguén cho estropee,
nin sequera ti mesma, arrepíntete a tempo, e corre a polo que che apetece. Fai
iso, simplemente, o que queres nin máis nin menos ca aquilo que desexes, pode
que o pases mal, pero sabes que non te vas arrepentir, porque en todo momento
foches ti. O feito feito está, non mires atrás, mira cara o frente, que por certo é
moito máis bonito.

Estoute agardando.


Din que as cousas aparecen cando deixas de buscalas, que a perfección
non existe e que os pricipes azuis menos. Levo moito tempo buscando,
e unha xa está cansa. Aquí estarei esperando, búscame, seguro que me atopas.
Se o fas cumplirás os meus desexos con creces.

Por facelo a miña maneira.


Cada vez teño máis claro que son un ser humano en toda regla, que tropezo unha
dúas, tres e ata cen veces na mesma maldita pedra. Visto o visto, creo que xa
non ten remedio, xa vou tendo claro que seguirei e seguirei tropezando, pero
tamén teño claro que me erguerei con máis e máis forza de cada vez.
Quizáis o meu erro sexa que marco metas demasiado fóra do meu alcance.
Quizáis o que debería facer é poñer unha venda nos ollos e comezar a correr,
correr todo o rápido que poida, sen temer ao cansancio, sen temer a caer,
correr ata que a meta apareza no meu camiño. Cando apareza frearei, sacarei a
venda e comezarei a vivir iso que todo o mundo espera.

jueves, 15 de septiembre de 2011

Afortunada.


Aparecío un día calquera, nun deses no que a monotonía se apodera de cada rincón e chega algo que rompe totelmente con todo eso. Ela foi ese algo. Co seu característico sorriso e as súas ganas tolas de vivir irrumpío no meu mundo e, nun intre, fixo que este quedara patas arriba. Estaba tola, tola de remate, e aínda o segue estando. É a hiperactividade concentrada nunha única persoa. Foi ela quen, cada día, me animou a seguir adiante e a continuar loitando polo meu soño que, sin saber nin siquera como, se volvío totalmente real. Acompañoume día si e día tamén por un camiño duro e complicado, dándome a man en cada pendente e contando chistes malos constantemente para amenizar o dolorosa traxecto. E é que un minuto aburrido, ao seu carón convírtese nunha hora de sorrisos aseguradas, de momentos desos tontos que, sin saber porqué, recordas toda a túa vida. Así, cada instante con ela foise creando algo tan forte que nin sequera poderías ser capaz de imaxinalo.
Convertiuse nesa clase de amiga que permanece ao teu carón baixo todo pronóstico. Ela é así. Dese tpo de persoas que costa atopar, pero que chega e, cando eso ocurre, é para sempre. é esa persoa a que lle fixen prometer que non me olvidaría, e a mesma que, a día de hoxe, aínda non rompeu a promesa.
¿Sabes? Din que as pequenas cousas crean grandes recordos. Tan só polo corazón tan inmensamente grande que ten, ela non se pode considerar unha cousa pequena, asegúroo. Pero é certo que todavío creou algo máis grande comigo: unha historia. Unha historia digna de ser contada, con altibaixos como outras tantas, pero con moitísima amizade e cariño que fan do demáis un mero bache no noso camiño xuntas.
A distancia e o tempo sempre xogan malas pasadas rompendo lazos que criamos unidos e distanciando persoas que loitaban por non separarse nunca. No noso caso, é certo que houbo cambios, e seguiraos habendo, se son sincera. Pero pasou moito tempo, e ela segue ahí, ao pé do canón, ao igual que o primeiro día.
Non todos temos a sorte de atopar a alguen así, pero aseguro que os afortunados, o somos de por vida.

#.

Din que o que un desexa demasiado nunca chega, e que canto máis te preparas para algo, máis se afasta de ti. A veces a vida non é xusta. A veces parece que todo o malo sucede á vez... Pero co paso do tempo daste conta de que para conseguir o que realmente queres, non tes máis que deixarte levar. Porque o amor é así, só chega cando te olvidas del.

Falar para ninguén.

Rir por non chorar, falar por non estar calada, bostezar de aburrimento, soñar esperta, queixarte de vicio, pasar o tempo, gastar diñeiro, beber tentando non perder o equilibrio, chiscar un ollo e desaparecer. Botar de menos e que ese menos vaia a máis. Pequenos detalles que fan un día a día.




Let it be.

Oxalá poidera dicir que todo, absolutamente todo me da igual.
Oxalá non poidera dicilo, senón sentilo. Oxalá que poidera escapar de
todos eses pantasmas que me atormentan cada día e que solo podo evitar
de noite, cando deixo de pensar, durante os meus soños. Oxalá as letras dalgunhas
cancións se fixeran realidade. Todo cambia constantemente sin que poida remedialo. Primeiro quería unha cousa pero máis tarde preferín outra. Despois todo foi un caos, alguén pulsou o botón de cámara rápida sen avisar e non podía frear o tempo, todo se precipitou. Cando me din conta xa me fixera maior e a vida cada día facíaseme máis complicada de dominar proporcionando unha ración de responsabilidade maior cada día.

Tocará disimular.

Chega un momento no que non podes máis, no que xa todo te supera; e
é que unha está farta de ter que ver, oir e calar, polo simple feito de non ser
quen de enfrentarte a realidade, por esa cobardía que me invade cando me atopo
ante certas situacións. Ás veces planteaste que vale máis soa, que prefires non oír,
que ainda que pareza que non xa bastante tes. É incrible que en tan pouco tempo
abras os ollos desta maneira. Tí non vas cambiar, sábelo, asique sigue coma
sempre, tentando que cada verba che entre por un oído e che saia por outro,
ou polo menos que iso pareza.



miércoles, 14 de septiembre de 2011

Saca o mellor de ti.


Ponte guapa. Saca os tacóns, mídeos e asegúrate de que superan os 10
centímetros. Pónos e perde o equilibrio ata que te canses de camiñar
como un maldito pato mareado e comprendas que ti tamén podes deslumbrar.
Pon o vestido mais curto, apretado y suxerente que teñas. Vístete da cor
que menos lle guste a teus pais. Píntante .Sumérxete nese ritmo repetidizo
que se fai contigo e causa un pitido na túa orella cando voltas a casa. Fai
que os teus pasos soen a pesar do volumen da música. Pide algún cubata
de mais e pon lentillas da cor do Malibú . Acércate a eserapaz rodeado
de rapazas e déixalles claro que para lanzadas elas, lanzada ti. Sácao a bailar,
dalle un número falso e deixa en mans do destino que volva saber algo de ti.
Chega tarde a casa e cando che pregunten di que non volverá pasar.
Sona o despertador, e volta a comezar.