miércoles, 21 de diciembre de 2011

Xoves, que está no medio.


Creaches un camiño, estableceches o teu propio destino sen darte de conta. Todo é porque antes foi, porque ti mesma quixeches que fora. Non hai volta atrás. Nese camiño perdeches miles de cousas importantes e gañaches outras moitas que pode que non o fosen tanto. Que máis da? Ao feito peito. Non importa que crearas un futuro incerto e escuro o que importa é que no teu pasado deixases marca, que ainda que só fose un intre foras importante. Se todo pasou como pasou foi porque xa estabas demáis.

Moi lonxano


Hoxe parei o tempo, quedei suspendida no aire, mirei como as chamas devoraban a madeira e deixei de funcionar, pulsei no meu interior o "modo avión". Necesitaba parar, evadirme e mirar cos ollos pechados qué é o que hai dentro de min, en qué me convertín, quen son e quen quero chegar a ser. Non son mais que sombras que aparecen cando a luz se apaga, non son mais que nada. Teño decesete anos, aspiracións de nena descerebrada e medio millón de ilusións no peto. Teño unha bandada de paxaros na cabeza, mil sorrisos a punto para disparar a calquera, e un par de chistes gardados na manga. Son unha mais, non teño nada especial pero, pola contra, síntome tan única e distinta a veces que creo que veño dun lugar moi lonxano.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Váiseme o tiempo pensándote.


Por casualidade esa mítica canción volveu soar. Recordas, revives cada bico, cada aperta, cada aloumiño, volves escoitar cada un dos quérote, eses ''eres a mellor, única e especial''. Pechas os ollos e mentres pensas nese momento que nunca se che vai esquecer, notas como se che pon a pel de galiña. Comprobas que, eso que foi aínda sigue sendo. No fondo gústache seguir sentíndoo. Estreméceste. Abres os ollos e daste de conta de que mentres ti te evadiches xa soaron como unhas cinco cancións máis.

domingo, 4 de diciembre de 2011

Agora sí, son.


Devenir. Nada é o que era, todo mudou. O tempo fixo o seu traballo. Un mundo equilibrado é aquel no que cada cousa, cada persoa está no seu sitio. O ar pasa por diante nosa deixando as nosas faces abraiadas, a choiva esvara pola nosa pel aportándolle un minimo de humidade e eu xa actúo como realmente o sinto en cada intre. Xa non río por rir, xa non choro por chorar, xa non bailo por aparentar. Agora disfruto cada sorbo de tequila, sufro cada bágoa e sorrío con cada palabra que fai que o meu mirar se acenda. Fun, son e serei o que tiña, teño e terei que ser e ao que non lle guste pois azúcar era non?

martes, 29 de noviembre de 2011

Inevitable, case como respirar.


Resulta extrano ver como, dun momento a outro, sen previo aviso, os recordos deciden acumularse e golpearte nas fazulas con toda a súa forza. Recordos de fai tanto que eres incapaz de contar os días, pero recordos de algo que, ao fin e ao cabo e, por moito que trates de evitalo, foi REAL. Tan real como que agora te atopas ahí, frente a eles, lendo esas estúpidas cartas que criches destrozadas por completo. Repasando cada punto e cada coma e revivíndoas pouco a pouco porque, sí, sabíaste de memoria cada espacio e cada bonita curva desa caligrafía tan redondeada.
E é que hai recordos que, sen remedio algún, teletransportan. Que fan que se che poña a pel de galiña como se che puxo no momento que os viviches por primeira vez, que a respiración che falle e que, ainda que ese inexpicacble nó no estómago non desapareza, sexan recordos que sempre acabarán por arrincarche un sorriso.
E era de esperar, no momento en que lin ese punto e final da última das cartas souben que non quería que estas acabaran coma o resto. Non quería acabar con elas, rematar ca historia. Era inevitable porque, por moito que me empeñara en convertir aquelas páxinas en meras follas en branco, tiña claro que, no seu interior, cada coma, cada palabra ou cada suspio xunto cun sorriso tímido estaba ahí, perfectamente. Como se se tratase do primeiro día.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Preciso dunha reconstrucción.


Camiñando lentamente, paso a paso, sen saber a onde ir. Desconectar antes que todo empece a dar voltas, me perda e volva a onde xa estiven algún día. Secadra sexan os simples recordos que me atrapan e me morden, que ainda que as marcas non doian, nunca se borran. Secadra foi que xa o viña vir de lonxe. Porque despois de todo dinme conta que máis que todo preciso tempo, preciso entender en que me equivoquei. Catro paredes e un teito xa non son suficientes, preciso ver o ceo claro que perdín de vista, preciso sentir o vento de nordés nas miñas meixelas. Preciso orientarme e saber onde se encontra o este para coñecer por onde se ocultará o sol.

Eliminando recordos.


É hora de desaparecer, de olvidar, de deixarse levar. Chegou o momento de dar volta, de pasar páxina, de quitar dous puntos aos suspensivos. Poñerse en pé, coa cabeza ó alto mellor, que resulta máis divertido. Borrar memorias e almanezar o necesario no meu subconsciente.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Antes, agora, despois.


Pode parecer que algo que ven con data de caducidade é algo negativo. Eu aprendín a mirarlle o lado positivo a maioría das cousas, e iso tamén o ten. Algo que trae consigo un final fai que cada minuto se disfrute coma unha vida enteira, fai que xuntos non se perda o tempo, que saibamos ser nós, sen ninguén máis. Sinceramente o que ven con data de caducidade, é do mellor, é perfecto. Agora sei o que son, e son eu porque ti foches, porque ti eres e porque ti serás. Cun fin que chegou, chega ou chegará. Hai recordos que se van co vento, porque a nosa mente lle estorban, e outros que montan ahi campamento para toda a vida, para sempre. Finais felices só son de contos de fadas, ou iso din.

sábado, 26 de noviembre de 2011

Eu si sei facer oídos xordos, ainda que as palabras non sexan necias


-Ei, para o carro! Cantos levas xa?
+Un par deles, creo. E ruliña non vou parar aora.
-Si un par claro. Quéresme decir por que non paras dunha vez? Por que non te deixas de tanta tontería? Non te das conta de que así non vas a ningures?
+Mírame, despois de todo, cres que me importa? Xa pasei polo que tiña que pasar, xa chorei o que tiña que chorar, xa rin o que tiña que rir, xa disfrutei o que tiña que disfrutar. E agora que os tempos cambiaron, apetéceme seguir bebendo, e sabes? Vouno facer.
-Así me gusta, traga muller traga. Así se solucionan os problemas, un tras outro ata quedar cega, ata non poder máis.
+Tes ti unha solución mellor? Porque ata o de agora, eu non a atopei.
-Non, non a teño, pero aseguroche que a hai e ben mellor ca esta.
+Pois búscaa, a ver se é verdade que a hai.
-Non cambiaches nada eh, decías que te volveras independente, que xa podías ti soíña e estasme decindo que che busque eu a solución aos teus problemas?
+A onde queres chegar con isto? A que pare de beber?
-Por min podes acabar a bebida toda do bar se queres.
+Muller, non estou para pensar, queresme decir a onde collóns me queres facer chegar con tanta filosofía?
-A que sigues sendo ti, a mesma gilipollas de sempre, que non ten o valor suficiente como para enfrentarse aos seus problemas, a que pensa que o sabe todo, e non sabe nada, a que se vai de feliz e chora polas esquinas, a que está deprimida ata as orellas e o único que se lle ocurre é beber como unha descosida.
+Que queres que faga? Que baile unha muiñeira? Non, non me apetece.
-O que quero é que tires para adiante, que non vai ser a única pedra que atopes no camiño e se a todas lles das a mesma solución, vai pedindo un transplante de fígado eh guapiña.
+A todo isto, quen ves sendo ti?
-Alguén que te coñece de sobra
+Eu nunca na miña vida te vin
-Se sigues asi ainda me vas ver menos
+Aora aparecenme puntos de apoio asi de súpeto, ves? beber non é tan malo eh
-As conciencias tamén falamos, as verdades doen, e como vexo que non consigo nada, voume indo. Tómalle outra a miña saude!
+E aqui volvo quedar, no medio da xente eu e o meu cubata. O típico, que non sirvo para esto. Disque o tempo o cura todo, pois xa está, nin conciencia nin nada, tempo. Camareiro, ron con cola por favor.

Indescriptible.


Vives de soños, de ilusións, sabes que é temporal, que non vai a ningures. Non importa, ti estás ben, agora si o estás. Deixaches de mirar atrás. Vives dalgo que ninguén ve, só ti; que ninguén percibe, só ti. Podo erguerme cada mañá cun par de bágoas nos ollos, pois a realidade doe. Pero estas, co paso das horas evapóranse, desaparecen, maxia. Hai palabras que son demasiado increibles. Un quérote é moi fácil de pronunciar, sentilo xa é outro cantar. Ilusións, son iso, pero realmente eu si creo cada un deses quérote. Por que? Porque creendoos son un pouco máis feliz, porque a min gústame vivir de soños, porque aprendín a mirar por min, por estar ben. E cal foi o resultado? Miles de abrazos, millóns de quérotes, trinta mil sorrisos. Un gran soño, limitado. Non quero pensar cando vai ser o último quérote ou a última aperta . Se o penso volvo precisar desas palabras, increíbles. Todo isto, invisible, inevitable, increíble, incomprensible, de tolos, definitivamente PERFECTO.

jueves, 24 de noviembre de 2011

Imposible, inevitable


Os acontecementos suceden, porque simplemente teñen que suceder. Ninguén entende o por que. En cada un deles, sempre hai uns que gañan e outros que perden. Mais, as veces o que é positivo para un, tamén o é para o outro. Ver a realidade non é tarefa sinxela para ninguén, pero cando a tes diante e a asumes, cando non tes outro camiño por onde tirar, sixelamente porque non che apetece, esa realidade que aparentemente te desfavorece, faite feliz. Teño moi claro que nunca vou ter o que quero, non está para min. En todos os lares nace xente con estrela e outra estrelada, eu pertenzo ao segundo. A pesar de todo isto, recorda que os teus sorrisos reflictiranse nos meus, prometido.

É unha loucura.


Sí, teñoo claro que non son todo o querida que pensaba. Pero son o suficientemente querida como para estar nas nubes. Un sitio brando, acolchado, donde cada golpe é insípido, coma se nada. Unha cabina insonorizada, donde se fan oídos xordos a palabras necias. Un lugar onde ninguén ignora a ninguén, simplemente se demostran os sentimentos. Un espacio onde existe o vermello paixón, o verde esperanza, o branco da paz. Non é idílico, é superior a iso. Estou soa, teñoo admitido, pero aquí non existe ese sentimento, porque sempre vai haber alguén que te faga rir.

Non se ve, é demasiado grande.


Por enriba de todo esto que estás a ver, as cores, o teu ordenador, o espacio que te rodea. Por enriba de todo eso que pode estar escoitando, a música, o son das teclas ou a túa nai berrando. Moi por enriba hai algo invisible. Ninguén o ve, pero está ahí. Sabes que se non estivera ti non serías ti. Só serías simple pó, que se desfai co vento. Pero polo de agora eres ouro macizo, ao decir isto teño en conta que non todo o que reloce é ouro. Eu son desas que pensan que o medo é algo que temos todos, cada un o seu, é algo que nos caracteriza. O feito de ser felices é tentar deixar atrás ese medo. Porque, a quen non lle atrae o prohibido? O que diga que non, minte. E iso xa é peor ca o medo.

domingo, 13 de noviembre de 2011

Non tirarei de reproches, sóbrame dun adeus


É ironico que escriba un pequeno texto fai escasas horas decindo carpe diem, e agora estea así. Aínda non fai tanto que consideraba que o tiña todo. Agora sei que teño o necesario, nin máis nin menos. Son ese paxariño que vai de bandada en bandada, que non atopa o seu verdadeiro lugar. Que convive, ou máis ben deixa vivir. Sei que non hai un lugar específico que leve o meu nome. Buscalo é perder o tempo. O tempo non sobra, non o regalan. Non o vou perder. Se hai que voar soa de bandada en bandada, vóase e punto.

A tontas e a tolas.


Cando o vento zoa, forte, levando consigo todo o que pode e máis. O meu corpo estremécese, sinte medo, tembla. Tápaste con todas as mantas, pechas os ollos, forte. Creo que nese intre si se sente soidade, morriña. Falta algo ao teu carón, algo que non tes nin vas ter, sábelo. É lóxico. A perfección non existe. Os finais donde se comen perdices, tampouco. Só se me ocurre pensar, entre batida e batida de vento, carpe diem. Que o que quero agora vouno disfrutar agora, sen pensar nun máis alá. Que non sei o que é o correcto, pero tampouco quero sabelo. Éxtasis é eso que sintes cando os sorrisos invaden a túa face. A min pásame. Se non é o correcto, qué máis da? Cada amencer vale a pena. Se o futuro ven mollado, con choivas de bágoas abundantes e ceos anubrados, deixao vir. Cada un destes sorrisos será compensado cunha desas bágoas. Din que a vida son dous días, eu polo de agora sigo querendo rir, din que me favorece.

sábado, 12 de noviembre de 2011

Agora por ti, agora por min.


Cando tes consciencia de ti mesma, aprendes realmente a contar. Contas que hai miles de momentos vividos e cen millóns deles por vivir. Contas que bebeches vinte chupitos e quedan cen por beber. Podes contar os suspensos experimentados e os que che quedan por vir. Cen mil veces que choraches, e dez millóns que che quedan. Mil bágoas de cancodrilo, dez mil con sentimento. Vintaecinco veces que te sentiches arroupada por cada cen momentos en compaña, menos da metade. Dez dedos nas mans, outros tantos nos pes. Eu sei cantos me sobran ou me deixan de sobrar para contar aquelas persoas coas que verdadeiramente podo contar. Poden soar a pouco, máis ben case a nada, pero son os que me manteñen ahi. As persoas teñen como obxectivo inconsciente sentirse arroupadas e queridas polos demáis, eu son persoa e polo tanto tamén teño ese obxectivo. Pero golpe tras golpe, os meus ollos abren, o vaso enche. Sei perfectamente por que persoas teño necesidade de sentirme querida. Creo que elas tamén o saben. Reciprocidade, creo que esa é a palabra.

Agora que veña o que teña que vir.


Cando caia, erguereime aprendendo a lección. Cando chore dabondo, rematarei por rir. Cando me namore, darei todo e máis. Cando alguén se namore de min, finxireime importante. Terxiversarei información sempre que sirva de algo. Farei como se fose única e especial aínda que, coma todos, soamente serei unha máis de quen sabe qué grupo en vaite ti a saber qué lugar. Prohibireime o alcol e bebereino ás agochadas, prometereime que estudio e mirando os papeis a miña mente comezará a voar. Farei o que miña nai mande cando está calada. Simplemente serei eu mesma baixo unha apariencia. Porque si, seguirei bebendo, vagueando e desobedecendo, porque esa son eu. Loitarei polo imposible, deixarei atrás o camiño fácil. Así de sinxelo parece o que realmente é tan complexo. Por último, seguirei escapando polos cerros de Úbeda en vez de ir ao grano, porque iso si é difícil.

sábado, 5 de noviembre de 2011

Rompemos coas regras.


É estrano ver como todo o mundo cambia. Ás veces considero que non é todo o mundo, senón eu que me empeño en tirar por camiños que son imposibles de andar. Será que a sociedade seguirá pelexando porque eu deixe de ser eu. Pero as miñas ganas, o meu sorriso, a miña maneira de ser segue ahi, non muda. O meu propósito segue a ser o de disfrutar a cada paso. Que si, eu tamén teño momentos de debilidade, ao mellor máis dos que aparenta, que xa é dicir; mais teño outros tantos momentos nos que quero sentirme única, sentirme bébeda dun mundo no que so abundan as risas. Eu son eu nin máis nin menos, estarei ahi, onde queirades que estea, pero hei de estar como eu queira estar. Así impoñente, como soa. As cousas xa son distintas. Medra o meu espíritu crítico. Critícome a min mesma a diario. Desexo de superación, infinito. Autosuficiencia. Independencia. Eu. Unha. Pensamentos patas arriba. Indisciplinada. Diferente. Imperfecta, pero tampouco pretendo selo.

En boca pechada non entran moscas.


Porque é incoherente. Pero a pesar diso, nada importa. Parece incrible, parecía que a inocencia dunha cativa xa se esfumara de min. Non, aquí está. Funciono a control remoto, inevitablemente. Que dis esquerda? A esquerda vou. O meu único obxectivo a cumplir é que aínda que o meu se agoche os vosos sorrisos fagan que se me escape algunha risa. Tanta tontería nun corpo tan miúdo, sorprendente. Pero asi é, son eu. Agora sei que en boca cerrada non entran moscas.

A veces yo también la quería.


Que roubar se estás morrendo de fame, non está mal. Que quen rouba ao ladrón ten cen anos de perdón. Que o que mata en defensa propia non está mal visto. Que o que minte por salvarse é egoísta, pero o que minte por axudar aos demáis é Dios. Que as cousas boas e malas dependen do punto de vista e da situación. Que para darse de conta de que buscar é tempo perdido e de que agardar é un camiño sen saída, sempre hai tempo. Que cada cousa ao seu tempo, e cada cousa no seu lugar.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Non esperaba nada, e chegaches ti.


A maioría das veces non sei como explicarche que todo o que fago é porque te quero demasiado. Quizais máis do que debería ou menos do que tería que facelo. Pasa o tempo, e sigome estremecendo cada vez que te sinto cerca, supoño que por puro instinto. Non sei dende que tan alto saltaría un precipicio se ti me esperas abaixo e me pides que te acompañe. E non sei se o que fago o fago mal, se fago demasiado ou se me falta moito para cumplir as túas espectativas.

domingo, 30 de octubre de 2011

Quizás infinitesimal.


Hai verdades agochadas, hai mentiras que se cren verdades.Hai cousas incomprensibles. Hai metades que se bastan como se foran enteiras. Hai incompatibilidades. Hai polos opostos, e polos iguais. Hai batallas perdidas e outras que van camiño diso. Hai chocolate para calmarme. Roupa de saír, roupa de andar pola casa. Vasos que se enchen sós, outros que se desbordan sen pensalo. Hai tanto, e tanto incontable. Infinito. Non determinado. Hai palabras que non sirven para nada. Hai nadas que lle sacan o sitio as palabras. Sobran. Todo dito. Hai recordos. Hai plans de futuro. Hai barreiras que non marcan fin. Indescriptible.

Creo que son un touro.


Independencia absoluta. Soíña como, mastico e trago. Que ninguén tente dixerir por min, total son bastante forte. Aparento fraxilidade, son de material lixeiro, adoito ser sensible ao tacto, mais son dura como un diamante, irrompible coma o ferro, maciza como un tanque, ainda asi podes xogar conmigo que non disparo, simplemente ignorarei todo feito.
Por último cabe recordar a diferencia entre rir e sorrir, non son o mismo soamente comparten letras. O sorriso cala, a risa berra. O sorriso escoita, a risa fala. O sorriso medra paseniñamente, a risa estoupa e volve encoller. Intento descifrar porqué abunda tan pouco o sorriso frente ao gratis que é.
Simplemente digo, que eu ríome moitas veces.

jueves, 27 de octubre de 2011

Tanto tes, tanto vales.


Que sente a cabeza, que non proteste, que non me agobie, que viva con tranquilidade, que non chore, que non ría tanto, que aprenda inglés, que estudie, que teño que ser alguén de proveito, que aforre, que non beba tanto, que disfrute, que non sexa bipolar, que me cuide, que o almorzo é a comida máis importante do día, que saude aos coñecidos, que deixe a vergoña detrás da porta, pero non toda, que o pasado pasado está, que o azúcar en exceso non é bo, que non cante que chove, que baixe das nubes, que non se me peguen as sábanas, que non lle dea importancia ao que din os demáis, que mire por min antes que por ninguén, mil e mil consellos que escoito a diario, se lle fago caso deixo de ser eu mesma, volveríame tola, prefiro seguir cos meus defectos, facendo oídos xordos, decidindo o que a min me apetece en cada intre, que se quero moito azucar vouno comer, que se quero chorar vou lagrimear coma a que máis, se me apetece brincar tocarei as nubes, se me apetece cantar fareino ata que caia o diluvio universal, que as miñas sábanas van seguir tendo pegamento. Esa a máis imperfecta de todas son eu, se me queres vas ter que aturarme así.

Preciso unha dosis de soidade.


O que non chora non mama, pero donde hai patrón non manda mariñeiro e contra o vicio de pedir hai a virtude de non dar. Ao fin de árbore caída todos fan leña, non entenden que cada pau debe soster a súa vela. A grandes males grandes remedios, e como amor con amor se paga, xa todo queda dito que a bo entendedor poucas palabras bastan. Aora só digo que o que adiante non mira atrás queda, e ainda que eu moitas veces non vexa máis aló do meu nariz dixolle o pote ao caldeiro sacade ahi que me luxas, que para a tua desgracia toda boa rosa ten as súas espiñas. O tempo todo o cura, e bueno iso zapateiro aos teus zapatos, que unhas por outras a casa sen varrer.

miércoles, 26 de octubre de 2011

Con Dios meu rei.


Falades, falades, falades, decides que somos raras, que precisades un diccionario para comprendernos, e que ainda asi o vedes complicado. Vistesvos? Parachedes a pensar, por un so instante, nas vosas reaccions? Dame a alma que non. Porque sinceramente sodes máis raros que un can verde. Peores ca droga, creades unha dependencia incrible, eu podo decir que desta tiven sorte. Algo grande comezaba a nacer, pero foches quen de botalo abaixo en minutos, que digo minutos? Segundos! Ben feito. Con Dios meu rei.

Att. Unhappy girl.

martes, 25 de octubre de 2011

Xunto ela, calquera día é especial.


Ela é das persoas que a súa cara o reflexa todo, dende a alegría ata o enfado. En certos aspectos é algo extremista, ou non che di nada ou cho di todo a berros. Se ten que ser realmente honesta, vaino ser, e máis se llo pides ti. Aínda así pode ser moi compasiva e agarimosa. Definitivamente non lle gusta facer o que non quere que lle fagan. As inxustizas/falsidades sácanas das súas casillas, altérana e póñenlle os nervios a flor de piel. E é que dos nervios, xa non ten cura. Ela usa a ignorancia como escudo persoal. Odia indiscutiblemente a aquelas persoas que teñen o don para arruinar os seus mellores días, e máis ainda aos que lle empeoran os malos. Ela é tola por naturaza, inqueda e orgullosa. Nunca faltan as súas ironías nin o seu sentido do humor. É desas persoas que lle pasa todo o que non lle pasa a ninguén máis. Encárgase de manter todo baixo control ou polo menos eso che fai crer. Sabe que para actuar hai que pensar primeiramente en frío. Como a todos, non lle gustan as situacións que a poñen entre a espada e a parede. Ela nunca vai ocultar a súa angustia nin as súas bágoas, ainda que faga o imposible por contelas. Polo xeral, finxe ser forte para non demostrar as súas debilidades, pero por dentro, e non tan dentro, é un anaquiño de pan. É a rapaza máis doce do mundo, cando quere. Non xulga a ninguén sen primeiro coñecelo. Brinda segundas, treceiras e ata cuartas oportunidades. Confía demáis, quizáis por iso leve tantas decepcións. Regala a súa amizade a quen queira coidala.
Esto e moito máis é o que a fai única, diferente ao resto. É do mellor, que ninguén lle faga pensar o contrario, senón veraas comigo. É unha amiga insustituible, sen data de caducidade. A nosa non é unha amizade común, para nada. Comezou sen darnos conta, avanzou pouquiño a pouco, moito e aquí estamos. Pode que as palabras as acabe levando o vento, pero estas quedaranlle ben gardadiñas ahí, dentro dunha caixiña: Espero poder contar con ela sempre, co seu apoio incondicional. É un piar fundamental para min, sen ela perdería o rumbo.

Sen corazón de reposto.


Sei o que quero, non sei o que busco senón que sei o que estou agardando. Teño moi claro que me gusta que chova, e ainda teño máis claro que hai unha forma de chover da que teño morriña. Esperar, simplemente espero que a min algun día tamén me caian chuzos de punta.

sábado, 22 de octubre de 2011

Continuará.


A contradición máis grande que existe, sentirme atada pero a vez libre, máis libre ca nunca. Que alguén sexa capaz de elevarme ata o ceo, e que en cuestión de segundos me faga morder as nubes. Que ese alguén sexas ti. Darcho todo, queira ou non. Facer todo eso que un mismo di que nunca fará, nin sequera por amor. Cumplir cada unha das promesas que nos facemos. Xuntos, correr riscos e camiñar a cegas. Encontrarlle o placer ao ir en contra da corriente. Vivir nunha continua burbulla de felicidade.
O noso é un libro cheo de historias sen final, con puntos suspensivos e moitos continuará. Un sempre non é eterno, pero pode durar máis do que un espera.

viernes, 21 de octubre de 2011

Aquela


Hai quen di que as mulleres cando son amigas son insoportables, pois concordan unha ca outra perfectamente e non se despegan. A vida preséntanos milleiros de persoas e cada unha ven a cumplir un papel diferente nas nosas vidas. Todas aquelas quedan na nosa memoria, nos nosos hábitos, nas nosas fotos. Ti para min, xa dende pequeniña, foches o meu todo, a mellor. Aquela coa que andaba do brazo todos os días. A quen lle contei o primeiro rapaz que me gustou. A que me da consellos de roupa, persoas, peinado e comportamento. Aquela coa que compartín cama infinitude de veces. A quen lle conto absolutamente todo, e coa que me sinto totalmente entendida. Aquela que me repite ata a saciedade que deixe de comer nas unllas. Aquela que me abrazou en silenzo e me escoitou chorar. Aquela coa que compartín o mellor de min. Aquela que foi e sigue sendo unha irmá para min. Aquela que é boa compañía ata cando o plan é "non facer nada". Unha das mellores amigas que é simplemente "aquela".

sábado, 15 de octubre de 2011

Cada tolo co seu tema.


Din que o que cala otorga, pero é que en boca cerrada non entran moscas e que o que se pica allos come. Que o que escupe ao ceo cáelle na cara, que non é ouro todo o que reloce, que moitos poucos fan un moito, que había que previr para non lamentar pero que a grandes males grandes remedios. A auga que non vas beber, deixaa correr. As paredes escoitan. Vamos que, cada tolo co seu tema.

Resbalan nos meus oídos.


Deixa de facer ruido, estudia, vai ao ximnasio, recorda que o almorzo é a comida mais importante do dia, non probes o tabaco, baixa das nubes, érguete cando soe o espertador. Vivir así pode matar. Se fas caso deixas de ser ti, prefiro seguir cos meus defectos, paso de criticas envelenadas. Despéinate, rasca a barriga de vez en cando, fuma un de cando en vez, soña esperta continuamente, simplemente fai o que queiras cando queiras e como queiras. O precio a pagar vai ser o mesmo.

domingo, 9 de octubre de 2011

Que se quede mudo ese espertador, prefiro seguir soñando.


Non son unha entre un millón, non. Son unha máis entre centos. O que quero non podo telo, o que teño non o sei querer. Non me entendo nin a min mesma, sempre me saco de quicio. Non me tentes que entro ao trapo. Busco madrugadas nas que comparta almofadas. Nácese e mórrese só, pero contar con alguén na metade do camiño, é seguro. Aínda que para sempre é moito tempo e unha noite é pouco rato, tenta atopar o término medio. Porque teño moi claro que son pouca cousa e dubido se o meu corazón che importa, moitas veces non sei decir que non a miña ultima copa. Non sei qué cojones facer conmigo. A la buena de dios.

sábado, 8 de octubre de 2011

Sinxelamente, el.


Por se acaso se che olvida, adoro a forma coa que acaricias a miña pel, o meu cabelo, as miñas mans. Adoro eses ollos que regalan paz costantemente. Ese sorriso que me trae de volta a este mundo cando estou completamente perdida nas miñas cousas. Esas palabras de amor que son suspiros eternos, soplos de vida. Esa mirada que promete soños infinitos e ilusións que algún día cumpliremos. Esas loucuras que me poñen nerviosa e cuando se che da por non parar de decirme que me queres. Ou esa manía de comerme a bicos e non deixarme respirar nin un so segundo. Esa forma tan natural de amar a alguén e a túa maneira de entregarte en corpo e alma. Esa dozura íntima cando dis que me pertences e me prometes que o noso será para sempre.

Donde as dan, tómanas.


Probar do teu propio medicamento non é prato de bo gusto. Din por ahi que ollo por ollo e dente por dente, que nesta vida todas se pagan. Pero tamén din que nunca choveu que non escampase, e que todo o que pasa, pasa por algo. Tiña que saber que o amor con amor se paga, e que máis vale mal coñecido que bo por coñecer. Pero a falta de pan boas son galletas, a pesar de que non hai rosas sen espiñas nunca é tarde se a dicha é boa. Ainda que o que espera desespera, porque contra o vicio de pedir está a virtude de non dar. Ao fin sexa como sexa non hai mal que por ben non veña, o pasado pisado, o tempo cura as feridas, as túas e as dos demáis. E aínda que digan que as oportunidades pasan so unha vez e debes aproveitalas, eu penso que se a rexeitaches é porque algo mellor ven detrás. Ao feito peito.

Voar sempre cara arriba.


Ás veces sen motivo aparente facemos que a nosa cabeciña comece a traballar, o ambiente, certos problemas ou o recordos dun pasado mais ben recente son factores bastante favorables. O peor é que todos sabemos como remata isto, cunhas bágoas que para moitos son tontas, pero que para min son tan importantes que non son capaz de contelas. Recordo que cando era máis pequena decía unha frase que soaba tal que: ''Pensar é de tontos'' pero ata non fai moito non descubrín o verdadeiro significado, porque non hai tontería máis grande nin maior pérdida de tempo que poñer o caletre a dar voltas. Propoño deixar a mente en branco e plantarlle cara ao destino, que sexa o que teña que ser, simplemente, non facer dun gran de area unha montaña, non afogar nun vaso..

Saúde, diñeiro e amor.


Non sexamos coherentes e pidamos o imposible. Miremos o mundo como un lugar cheo de posibilidades, e se é necesario pensar que mañá é o noso último día, entón fagamos algo que mereza a pena ser recordado! O único que non teremos é o que non quereremos ter. E se se trata de pedir, saúde, diñeiro e amor, fagámolo hoxe porque o reloxo corre e non nos pide a nosa opinión.

domingo, 2 de octubre de 2011

Adicións.


Non me canso de miralo, tampouco de escoitalo, nin sequera de falar con el. É como esa película que xa viches mais dun millón de veces, e sabes perfectamente como acaba, pero, canto mais a ves, mais te emociona. Como unha canción pasada de moda que che fai recordar vellos tempos. El é esa persoa que che fai chorar e rir ao mesmo tempo. El é o que te pon nerviosa, o que te fai mudar de actitude ante os demais, o que te fai rabear para verte enfadada. A adición da que NON quero saír, el.

viernes, 30 de septiembre de 2011

Non teño sono, soño esperta.


É en dias coma hoxe, nos que te das de conta de que todo che vai ben, nos que non precisas máis. A perfección non existe, polo tanto non podo afirmar que esta época sexa idílica, o que si podo afirmar que me apetece rirlle ao destino, mostrar que estou contenta, que a pesar de non ter o que quero aprendín a ser conformista, de tal xeito que o que poseo nestes intres éme totalmente suficiente para asegurar que son inmensamente feliz. Pasar de todo, despreocuparte, saber o que realmente é importante, saltar, berrar, bailar, desafinar intentando cantar, chorar de risa, bicar, abrazar. Que vexan como sorrío, síntome imbatible, e o mellor de todo gústame sentilo.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

O meu todo.


Agora sei que eres ti a sorte do meu destino. Non quero a ningún outro, non preciso a ningún ninguén, solo a ti.
Non entendo como unha persoa insignificante tal vez para o mundo, poda chegar a ser o meu propio mundo. Queres que che diga algo? A vida só se vive unha vez, e eu quero vivila contigo.

Un mundo descoñecido

Admítoo, gústame chorar de vez en cando. Xa non solo por tristeza, senón tamén por necesidade. Necesidade de desafogarse, de descargar a tensión acumulada e deixar escapar todo o que ronda esta cabeciña. E é entón, so entón, cando consigo entender porque me pasa o que me pasa. Comprendo que os problemas non veñen por simple capricho, senón que detrás deles hai razóns. Que quizáis teña que plantearme un cambio. E como todo o mundo, eu tamén odio os cambios. Danme medo, polo simple motivo de descoñecer o descoñecido.

Sóplalle, escoce.


Un día espertas e daste de conta de que non era todo tal cal pensabas. Que non
hai persoas de sangue azul, non, todos a teñen vermella. Que se te cortas doe,
pero sabes que vai cicatrizar ata acabar desaparecendo. Non te queixes vai ao
botiquín, colle un pouco de alcol e cura a ferida o máis rápido que poidas. Despois
coma se nada.

Aplauda e vámos.


Non todo aquel que cala otorga, simplemente non fala porque a ignorancia é xorda. O certo é que aquel que alza a voz perde a razón.
Sei que son indecisa, que non sei o que quero, que teño as ideas pouco claras e que ao mellor non valoro o que teño como debería. Pode que sea rara, ainda que eu prefiro o termo especial, fóra do común. Por se alguén non lle quedou claro o único que vou facendo é esquivar pedras, esquecéndome do rencor e sobretodo calando porque é certo que a ignorancia é xorda e aquel que non me entenda non me sabería escoitar e ademáis pode que alzase a voz, un pouco.

lunes, 19 de septiembre de 2011

Aspirar alto.


Esa puta tendencia a iluminar os meus ollos cunhas palabras bonitas que saen
dunha boca un tanto especial. Ese sorriso idiota, porque por un instante te sintes
ben. Si, será a falta de costume, non estar afeita a que che ofrezan. Sempre ter
que ofrecer. Nestes momentos máis ca nunca preciso sentar a cabeza mirar ao
meu redor e demostrar que ainda que a carne sexa débil, o que conta é o poder
da mente. Non ter o que queres obrígate a conformarte co que che ven. Pero
nesta ocasión creo que a mellor solución é aspirar alto. Dá igual se paso fame por
aspirar a comer doce. Non importa a soidade por aspirar a vivir en tribu. O que
importa é non caer, ser forte. Por ahí din que merezo algo mais ca un cadelo malo,
e terán razón e todo.

Non o permitas.

Cómete o mundo. Rille ao destino. Disfruta do sol. Baila baixo a choiva.
Alguén me dixo algunha vez que a vida está para iso, para comela, para rir,
para disfrutar, bailar, saltar, correr, ... Se choras e te ves abaixo vaise a maxia,
non permitas iso.


Os finais felices non son o meu.

Os pes cansos. Ti deitada. Colchón brandiño. Ben arroupada. Cómoda.
Lugar idílico para pensar e darlle ao caletre. Darse de conta de que ti non
estas feita para os finales felices, de que estás rodeada de xente e non saber
porqué sintes soidade. Nostalxia e morriña do bonito. A pregunta é: podes
añorar algo que nunca tiveches a oportunidade de ter?

I wander how, I wander why


Palabras que tentan animar, máis ben mentiras que desexan ser verdade.
E ti sumisa nun mundo no que quixeras non estar. Cántas veces non desexaches
cambiarte de pel? Tornarte noutra persoa? Poden decir que me queixo de vicio.
Sí, esa xente que lle tocou unha vida ben máis complicada. Mais eu penso que o
meu pensamento fráxil, que nunca cesa de traballar, non está preparado para o
mínimo e por iso os penares que para uns chegan a ser tonterías para min son
montañas imposibles de escalar, carreteras sen saida ou ben direccións prohibidas.
E namentras eu mostro un sorriso falso o meu caletre mantense alí baixo a lúa
e as estrelas, baixo un monte de falsas palabras bonitas que cheguei a creer.
Seguir dándolle tempo, sei que non esquecerei, pero si superarei. Son outra,
diferente, distinta, non penso igual, non actúo igual, desganada, desmotivada.
Ao mellor isto é o que precisaba. Quero creer no destino, se penso que isto
foi por algún outro motivo, derrúbome de novo. Non estamos para esos trotes.

domingo, 18 de septiembre de 2011

California King Bed

Sorrí cando queiras chorar


Unha vez, nalgures, alguén sen moita importancia dixome unha frase destas que
te deixan abraiada e ao mesmo tempo danche ganas de rirte, esa foi: ''Sorrí
cando queiras chorar''. Sí, a simple vista parece incompresible, un chisco irrisoria,
dous termos contrarios que queren concondar. É posible rir cando as bágoas xa
inundan os teus ollos? Esa persoa, contestoume a esta pregunta, de tal xeito que
me deixou sen pestanexar, fría, sen saber que decir, respondeu preguntando:
É posible algo que non intentas?. Que razón tiña! Márcaste metas que tentas
conseguir, pero non pos da tua parte para chegar a elas. Aspiras moi alto pero
quédaste moi por abaixo. As veces incluso chegas demasiado tarde e ahí hai
remedio? Quen sabe! Simplemente grazas a todos aqueles que foron quen de
arricarme sorrisos a diario permitindo que vaia para a cama, e nela, ser quen
de recordar un instante, aínda que só sexa un, no que rin con gana. E sinto
moito, por eses momentos que coa axuda da miña increible personalidade foron
capaces de amargarvos días e días, teño un don especial, e intento renegar del,
mais é improbable ou case imposible que o consiga.

Esperando o momento.


E así, supoño, que a situación podería cambiar, pero polo momento non o fai, e por
máis que queira, seguirá sendo así ata que chegue o momento. Ese momento no
que lle bote un par de collóns para afrontar a situación e sepa o que pensa a outra p
ersoa. Mentras tanto, pasa o tempo, cada semana, cada día, cada hora, cada
minuto, cada segundo confío en que sexa él quen tome a iniciativa, pero no fondo
sei que o único que nos une é amizade, moi boa, pero ao fin e ao cabo, unha
simple amizade. E é que pouco a pouco, dende que o coñecín sinto dentro de
min que é algo especial. Estou así por non dicir o que sinto, con só un puñado
de palabras que saliran da miña boca, todo cambiaría, pero non saber se o faría
para ben ou para mal, oblígame a manter a boca pechada. Caen as follas como
caen os meus soños, resbalando antes as miñas narices con gotas de auga que
semellan bágoas.

Simples soños.


Mentres fóra o vento zoa con ansia, tumbada na cama co portátil ao carón,
póñome a escoitar unha simple canción. Simple? Simple sería se cada vez que
a escoitara non me viñera él a cabeza, o seu xeito de facerme rir, a súa maneira
de abrazarme ou de collerme as mans, a súa perfecta imperfección. Gústariame
poder decir que es meu, mais posiblemente nunca o serás. Aínda así os seres
humanos mantémonos a base de soños, e ti, nestes intres es o que me mantés
ahí, coa cabeza erguida e cun sorriso case permanente, ti es un SOÑO.

O fin dunha época e o principio doutra.

Sorrisos que se che escapan da boca, cheos de segredos. Bicos repletos de
melancolía por momentos que nunca máis volverás repetir. Fotos de fai tres anos
nas que saes máis feliz que nunca, persoas que tes que deixar saír da túa vida para
que ambos poidades seguir co voso camiño. Recordos que pouco a pouco se irán
borrando da túa memoria para non volver lembrarte nin das súas voces, nin da
súa risa e nin sequera dos seus nomes. Persoas que deixan marca e persoas que
non recordarás. Sensacións que xamáis volverás sentir, frases sen sentido que
volverán a túa memoria dentro duns anos para sacarche ese sorriso repleto de
recordos compartidos. Momentos que quererás olvidar e momentos que non
quererás borrar pero que se irán porque a túa mente deixará de consideralos
importantes. Xente coa que te cruzarás pola rúa dentro de dez anos e nin
sequera reconocerás. Xente que cambia e xente que non quere cambiar.
O fin dunha época e o principio doutra.